Bottom 5: Peores adaptacións de comic

Novembro 26, 2009 por diegoabuelo

É unha realidade que da cada vez máis medo según se realiza:A NORMALIZACIÓN

Si amigos, a normalización, está aquí, para que non o saiba, refírrese o feito de que o mundo do comic, o manga, o bd e demáis está a pasar de ser cultura cultura popular case soterrada e so coñecida por uns poucos (os comecacas e os otakitos) a estar presente no día a día, de igual maneira que o está o cine ou outros artísticos coma o cine. E isto é ledicia e regocixo de moitos (xente que polo xeral NON se chama Molina Foix) pero hai que recordar tamén a vertente escura de isto porque pode traer consecuencias terribles e como mostra un botón. As adaptación xa sexan cinematográficas, xa sexan televisivas ou a novela (que algunha haberá) das viñetas, que ainda que moitas veces son productos bos a veces poden provocar pesadelos. obviamente coma son masoquista falarei destes últimos: as piores adaptación do comic (no manga non entro, que é outra cousa distinta)

5. A liga dos homes extraordinarios: Sí xa sei que non é tan mala, que hai outras que se merecen estar aquí, pero lle queres, teñolle tirria a esta película. Non só porque se queda co menos sustancial da novela gráfica do barbas e rompe todo o ritmo narrativo que fai a historia viñetística interesante, se non sobre todo polos cambios de personaxes e o lightismo reinante. O feito por Moore era unha historia entretida cuns poucos personaxes e tramas de remedos literarios, o mesmo tempo que describía a sociedade victoriana. A pelicula pasa de describir ben a sociedade (donde están eses fumadeiros de opio) e perde credibilidade, e a cambio para gañar puntos intenta sustituir uns personaxes por outros de maneira que so o estropea máis quitando os necesarios e engadindo insustanciais, e o mesmo fai coas tramas . E despois do desfogue, tendo en conta que tamén se adaptaron Watchmen, From Helle V de vendetta, a este ritmo, para cando adaptaran o cine os fanzines psicodélicos deste señor.

4.Spiderman 3 Era de lei, tamaña hostia o pobre trepamuros tiña que estar aquí. Foder unha das mellores sagas protagonizadas por Spidey, a do simbionte, e de mala xente. Tiñano fácil con presentar a o simbionte tal coma o presentan no comic terían media pelicula feita, a xente non se fixaría no forzado dos guións, no mal esbozo da psicoloxía do home de area, nin en ningún posible erro da pelicula, teríanos a todos embobados pensando “OH dios como mola spiderman co traxe infectado, e como afecta iso de maneira tan orixinal a sua vida persoal”. pero non so decidiron que unha entidade malvada do espazo soamente obligate a vestir elegante e ser lixeiramente borde. Entre isto e Mefisto dudo que Peter (e non me refiro a Griffin, que esa xa fai tempo que decaeu) volva levantar cabeza.

3. The spirit Síntese por Frank Miller. Pero non, non pode ser, aplicarlle o mesmo estilo a tódalas adaptación dos teus comics é aceptable, vale; pero non podes impolo as obras doutras persoas que teñen un estilo completamente diferenciado do teu e que necesitarían dun tipo de adaptación distinta, e máis se están mortas e non poden dar a súa opinión (e logo está o feito de por Frank Miller’s The sipirit por unha obra de Eisner: ética profesional, non sei de que me falas, non te oio co ruido dos fans e os cartos). Así que Miller aprende a lección cunha bonita rima: Meu estilo é molón, meu estilo é xenial, pero as cousas as que non lle pega, deixareinas en paz.

2 The punisher Bueno creo que non cabería comentar nada. Unha película mala (pero mala con ganas) por si soa, sobre un dos mellores personaxes de Marve na miña opinión. Xa non é que sexa unha adaptación mala e que todo nela desprende tufo a cutrerío, e non cutrerío serie B, non, cutrerio inintencionado, do malo. Os actores soan forzados, os diálogos e o guión parecen escritos a medias entre un mono borracho e un neno apampado (ou un mono apampado e un neno borracho noutras esceas). A fotografía é horrenda. Definitivamente é unha adaptación que acabará convertíndose nun clásico, iso si nun usado coma exemplo para o que todo creador debe evitar cando vende os dereitos da súa obra.

1 Spiderman, the new adventures E si o posto número un é para unha serie de debuxos. Probablemente a peor serie de debuxos sobre superheroes xamáis escrita, nin sequera as da JLA. Unha serie que non so sáltase o comic a toreira, tamén os personaxese o seu contexto, porque que pinta un Spidey futurista nun planeta desconocido loitando contra humanos mutados en medio animais, coma se da Isla en versión espacial se tratara, pois exactamente iso, NADA. Unha serie na que Peter Parker é un tipo seguro e Spiderman dubitativo e non solta unha ironía, na que a Tia May e o tio Ben non se mentan e na que Mary Jane está todo o rato feliz, case coma se dun coffe shop sairá tras quedar encerrada ali 4 días. Se xa digo, o que non fagan co pobre Spidey.

os MMORPG: perde a túa vida social en 10 cómodos pasos

Setembro 4, 2009 por diegoabuelo

Amigos e amigas, hoxe toca falar dun tema importante, un tema do que se fala en cada esquina das cidades, en cada tenda de tebeos (ou de comics, de banda deseñada, de novela gráfica ou coma querades chamala) agora erma e valdía pola falta de clientes, en todolos cibers do barrio e en tódolos tendas con camisetas de iron maiden en galicia. Si como supoñeriades, falo da nova expansión que sairá cando saia, para o chupavidas por excelencia, o xogo que ten irónicamente nome de exclamación sorpresiva: O Wow o Juol of Juarcraf para os máis galegos.

Así que en honor de tamaña noticia que cambiara a vida de todos aqueles os que lle guste aplastar orcos, e nin nos importara o resto da humanidade, falarei de ese xénero quie parece estar absorvendo o resto de xogos por ordenador, os mmporg. As siglas de mmporpg corréspondense con masive multiplayer online rol playing games ou o que ven sendo, tradusido o católico non practicanete, xogo de rol online con modo multixogador masivo, que ten a ventaxa de non mentirte e a desventaxa de que non hai deus que o pronuncia nin tendo inglés estudado en harvard. Nestos xogos o obxetivo a alcanzar é mediante obxetivos diversos, normalmente matar bichos ou coller cousas que levan bichos os que, oh sorpresa!, hai matar para así poder escalar nun ranking no que se compite contra millóns de xogadores de todo o mundo. Isto último non é de todo certo, xa que hai xogos nos que os obxetivos son máis conversacionales, pero non triunfan. Por que? Sinxelo, porque para falar o xogador medio, xa ten o foro, o chat, o messenger, e ata en ocasións a amigos presenciais.

E agora veñen os principais xogos do sector:

1WoW: Por se alguén o dudaba este é o xogo que parte a pana, corta o bacalao e trocea os menudillos neste mundo, ou sexa impónse os demáis por unha maioría absoluta e aplastante ata causar dor (polo menos ata que saia the Star wars: the old republic e barra a todos sen piadade). O xogo básase nun xogo de estratexia tan popular como foi o warcraft (cousa que é imposible adiviñar), pero en vez de manexar grandiosos exercitos, manexamos a un mísero personaxe, a elixir entre oito preciosas razas (humanos, elfos da noite, enanos, gnomos, trolls, orcos, mortos e homes toro) divididas en duas faccions: alianza e horda, e ademais por moi incrible que pareza hai xente que elixe ós gnomos. Detrás de este xogo está Blizzard, empresa coñecida por comprar eternamente as almas de todo aquel que se engancha ós seus xogos e por facer rituais satánicos vestidos de Goofey.

2Señor dos aneis online: Se nun diccionario de sinónimos buscas ultrafan de tolkien, probablemente viranche frases coma estudante de infórmatica, geek, friki (ainda que odio esta palabra), mamarracho que se disfraza pa ir a ver pelis e a máis importante, ultrafan dos xogos de rol, co cal xuntando os dous conceptos, normal que este xogo triunfe. Ademais eu sempre fun do Hobbit.

3.Age of Conan. Moi similar a o wow, pero con temática tipo Conan e moita máis sangue, ideal para amantes do gore ou de Schwarzeneger.

4.-Guild Wars: Un dos poucos que non obrigan a pagar mensualmente, ainda despois de comprar o xogo. Do resto do xogo non sei coma é pero so por isto merece un aplauso

e 5.-Final Fantasy XI:Wing of the Godess: O mesmo que digo co señor dos aneis pero cambiando o libraco por unha saga de videoxogos.

E terminamos esta pequena introducción a este fascinante e maravilloso mundo cun aviso do Ministerio de Educación.

AVISO:Jugar a estos juegos puede producir falta de vida social, abandono de los amigos, incluso los de gustos similares, desatención a la pareja, en caso de tenerla, que lo dejara por otro que le haga caso a esa ella y no a una pantallita, también puede tener otros efectos secundarios como sobrepeso, multiple personalidad, olor corporal intenso, eyaculación precoz o miopía extrema. Si juega hágalo por su propia cuenta y riesgo.

Series xuvenis ou o ataque dos fans de FoQ comecerebros (1)

Xuño 25, 2009 por diegoabuelo

Quizais vos estades preguntando por que tardei tanto en actualizar (se é ese o caso facédevolo mirar axiña), pois ben aquí ven a vosa resposta. Pasei estas xa non sei cantas semanas investigando, internándome nunha das mafias máis perigosas do globo, ó principio probei a enviar reporteiros curtidos en todo tipo de situacións, pero non funcionou, so sobeviviron dous, dous valentes periodistas que se adicaban a infiltrarse na camorra, en alkaeda, en guantanamo en calquera sitio onde ninguén se atrevería. Aínda así non me puideron traer ningunha información de utilidade xa que a paranoia apoderarase deles e tiveron que ser inernados no psiquiátrico.

Nesta situación vinme na obriga de buscarme eu as castañas e terminar o informe que me prepararan, sufrín toda clase de torturas psicolóxicas e un par de físicas, tiven que escapar de bunkeres secretos do goberno, pero agora no meu poder está o documeto definitivo, que mostrarei a continuación, sobre a maior ameaza para humanidade: As series xuvenís.

Nome da arma:Física o química, Nome en clave: Foq,  Potencia poseedora: España, Distribuidora: Antena 3.

Tras someterme a unha exposición concienzuda a esta serie podo afirmar sen dúbida algunha que é a máis potente de entre o arsenal español (que a diferencia con outro tipo de armamento posee unha gran variedade destas armas psicolóxicas). Esta arma componse de varios elementos que a convirten en devastadora: primeiro está ó seu continuo ir e vir de personaxes baixo as excusas máis absurdas, segundo o estereotipado de todos eles (a choni, o pijo, o macarrila, a corpodes, o profe guay, a profe apocada, o guaperas, a chica marxinada, a hippie, o evanxelista, a cabronaza, a psicopata, a emo e poderiamos seguir) que nunca nunca saen dos seus roles, despois está o máis perigoso as tramas que todos vimos repetidas mil millóns de veces nas series xuvenis pero ó bestia e con máis drogas e sexo e todo elevado ó cubo. Os efectos de este coctel son tan poderosos que poden anular a vontade dun experto en meditación e causar que leve carpetas coa foto de Gorka e Cabano.

Nome da arma: Rebelde way, Nome en clave:desoñecido, Potencia poseedora: Arxentina, Distribuidora: Variable

Esta serie foi producida por arxentina coma ataque contra Inglaterra en caso dunha segunda crise das Maldivas. Utiliza como arma principal unha serie de canciones pseudopop-rock de baratillo previsibles e pegadizas como principal baza contra o enemigo, aínda que colle tamén outras estratexias como os modelos telenovelescos de narrativa, co que non so pode afectar a xuventude se non tamén as amas de casa aburridas, abarcando así un maior radio de acción.

Nome da arma: Rebelde, Nome en clave: RBD, Potencia poseedora:México, Distribudora: variable

Ver  Rebelde way, é unha copia exacta pero con acento Mexicano, nótase que o departamento de innovación e creación mexicano anda falto de ideas.

Nome do proxecto:Series xuvenís Disney, Nome en clave: Proxecto WDDM, Potencia poseedora: E.E.U.U., Distribuidora: Belzeb..digo Disney.

Coma sempre, despois da desmantelación da URSS (que tiña armas avanzadas neste campo como Instituto de camaradas o Son rebelde pero dentro da dura e inflexive moral stalinista), Estados Unidos fíxose co control absoluto nesta carreira armamentística, conseguindo o seu principal éxito no proxecto WDDM (siglas de walter disney de dominación mndial, estos americanos sempre tan misteriosos e sutís). Esta campaña alcanou xa o seu máximo cenit gracias a Hanna Montanna, a serie sobre a estrella de rock que finxe non selo porque imaxino que a ninguén lle gusta que lle idolatren e adoren os compañeiros de instituto ou Zack e Cody (Unha serie hostiable sobre xemelgos que son iguais pero con personalidades diferentes, o nunca visto en televisión) enre outras moitas armas, cada cal máis dañina. Cabe destacar que este proxecto nútrese tamén doutros medios distintos as series xuvenís coma poden ser as peliculas xuvenís (e non vou dicir nada pero HSM e Campo Rock poderían ainda que paeza imposible pertencer a este proxecto).

Con isto conclúe o informe que quizais poida reanudarse, pero recordade que a miña vida perigrara nese caso, e que nos recovecos segredos nunca explorados da xungla amazónica onde me teño que esconder para evitar a miña captura o wifi non sempre colle suficiente sinal.

Let’s be interactive

Maio 9, 2009 por diegoabuelo
Pinchade se non queredes aumentar vosas dioptrías

Pinchade se non queredes aumentar vosas dioptrías

 

Pois si, estou preparando un proxecto de webcomic que unirase as filas dos poucos webcomics en galego e que será retransmitido aquí, vía grella galega. Serán tiras inconexas sobre historia, arte, relixión e todo o que se tercie todas cun humor absurdo e feitas vilmente con paint e sen colorear. Pero coma a min iso de poñler títulos dáseme fatal deixarei que os catro maragatos fieles seguidores do blogue o escollades, podédelo facer mediante comentario (e subir así meu ultrainflamado ego), vía e-mail a grellagalega@hotmail.es se sodes vergoñentos ou en persoa para os que me coñezan (ou sexa todos).

E agora unhas pequenas impresións de encuestantes anónimos da rúa sobre os webcomics.

-Deixame en paz, e ve te a molestar a outro, pesado.

-Xa dixen que non me facía mormón e non me fago mormón

-Ten un certo aire de dinamismo que me recorda as obras de rezkov pero sen a mesma proundidade substancia e sen  critica ó sistema.

-Juecomi, iso que é, unha nova droja destas que vos metedes a xuventude, xa disía eu todo o rato estos rapases de ajora co seu brotellón, co seu righetono e meténdose juecomis, unha jerra tiñades que pasar.

-Mira, papá, debuxiños, pero son feos e faltan dous, o neno ese debe ser tonto.

Ejem, isto me pasa por saír a rúa a preguntar, polo menos o último testimonio tiña algo de validez.

Tribus urbanas: Os Culturetas

Maio 6, 2009 por diegoabuelo

Cada vez que te animes a ir a un cineclub ou pisar unha filmoteca, ahí estarán eles. Cada vez que vaias a unha biblioteca a coller un libro, ahí estarán. Cada vez que asistas a presentación dun libro que che pareza interesante, ahí estarán. Cada vez que decidas ir a un pase en versión orixinal, ahí estarán. Cada vez que pises unha exposición de arte moderno, que vaias ó garito de moda, ahí estrán. Cada vez que saia un cómic europeo e vaias mirar como está, en fin, Cada vez que fagas algo minimamente alternativo, ahí os poderás encontrar.

Refírome os culturetas,m os intelectualoides, ós gafapastas, ós tipiños que van a cada sarao cultural habido e por haber. Pero non nos confundamos, hai xente que desfruta da cultura e tenta empaparse dela o máximo posble, que gústalle abrir os seus horizontes, e que cando vai ó teatro vai ver unha obra porque quere, porque lle apetece e porquelle parece boa. Os culturetas non pertencen a ese grupo de persoas, os culturetas non ncesitan desfrutar da cultura nin empaparse con ela, para que se van empapar se eles xa o saben todo sobre a cultura, incluso diría máis se eles mesmos son cultura. Eles pensan no seu recargado egocentrismo que ningunha obra pode considerarse artística se non están eles para validalo, e pobre de ti se con un deles te cruzas, entón prepárate a oír un soliloquio xigantesco de dúas horas sobre o porqué o cuadro este con catro cadrados azuis e un punto vermello no centro é unha xenialidade creativa que merece ser exposto coma o cumio do arte moderno e da transgresión, pero aquel con catro puntos azuis e un cadrado vermello é basura inmunda que colouse na exposición porque os que marchantes debían poñer algo comercial que aceptara toda clase de público.

Pero non teñades medo, aquí van unhas poucas claves para saber distinguir ó gafapastas culturetas dunha persoa normal e corrente á que lle gusta a pintura, a poesía, a literatura, a música ou o cine:

1. O cultureta non é un animal gregario, así que se ves máis de tres persoas falando tranquilamente sen descutir sobre nada, estáte tranquilo, non hai peligro. Iso si non te fies desa parella na que un dos membros está a laretar todo o rato e a outr asinte con cara de socorro, nin tampouco dese chaval solitario cun jersey a raias cun pin dun grupo de rock alternativo dos 70, un carriere du cinema debaixo do brazo e un libro de Proust  que nunca leu na man e  que asinte para si mesmo e di ben ou pouca calidade cada tres segundos.

2. Os cultures son omnisapientes, de todo saben ou de todo coñecen. Pregúntaslle por calquera cousa e eles teñen a resposta, iso si unha resposta intrincada que nadie salvo él pode comprender. Ademais tamén saben o que realmente ti queres preguntar e adiántanse ós teus reprimidos desexos, el sabe que querías, que devecías e morrías por preguntarlle polas similitudes entre Welles e Lynch e non so, pedirlle que calara para poder ver tranquilo “O apartamento”.

3.Esto xa o mencionei pero eles nuca van ver nada, eles so van para certificar a calidade ou ausencia de calidade dunha obra. Sen o seu avezado criterio a humanidade caería na desgracia e non sabería que ver, que oír, que criticar ou que facer e caeríamos nunha era de anarquía, volvería o nazismo e a quema de libros e a sociedade desintagraríase, ou polo menos eso é o que eles deben crer.

4.O cultureta sempre debe ir cool, e facer cousas fashion e alternative. Nunca verás a un tomando unhas cañitas nun bar a media tarde, tampouco nnha discoteca, eles están en pubs modernos onde poñen música trance alternativa, so verá series que case ninguén coñece e cando empecen a ser coñecidas deixará de velas, así mesmo cos libros e peliculas

5. O cultureta ama e defende a capa e espada todo o local, pero en realidade adora o estranxeiro. Un bo gafapasta ensalzará virtudes do cine español non comercial, pero pregúntalle cantas pelis de Buñuel e Berlanga veu (xa non diremos de Almodóvar, ó qu adora e idolatra, pero do que so veu unha vez Tacones lonxanos e porque se trabucou de sála). Xa non diremos en literatura, onde irá a tódolas presentacións habidas e por haber dos autores galegos para defender a cultura en língua rosaliana, cando eles a única poesía de lingua vernácula que se saben é as dúas primeiras estrofas do himno e unha de Iolanda Castaño.

5. Rexeitan a modernidade, e todo o que representa, exercendo así un posmodernismo borreguil e desfigurado. Nunca os verás comprar un cd, eles sempre preferirán o sonido dun vinilo, eles non ven a tele, escoitan a radio. iso sí pídelles que deixen seu Ipod, que lle quiten o seu Imac e seu Ibook e empezarán a chorar.

6. Son un ser urbano (así que se vives nun pobo ou aldea, felicidades). Aman todo o urbano, o arte urbano, visten urban casual, e encántalles a arquitectura urbana. Se non houbera cidades extinguirianse en dous segundos por alta de fume e cineclubs.

Con estes consellos poderás recoñecer a primeira vista a ese gapasta molesto e evitalo a toda costa, aínda así se non o consegues apiádome de ti.

Dragon Ball Evolution, vouche esnaquizar

Abril 18, 2009 por diegoabuelo

Hoxe en día todos sabemos que as ideas orixinais na industria do cine abundan tanto coma as editoriais que coidan os seus clientes ou coma televisións que meten as boas series nun horario decente. O cine tira sempre de adpatacións de libros, comics, mangas (non é o mesmo, vinde hordas de otakus ata min), musicais, obras de teatro, videoxogos, series, anuncios (que vos parece esaxerado, xa veredes cando dentro de tres anos saquen Chocapics: a pelicula). Aínda así alguns destes productos convértense en grandes obras, como O nome da rosa, ou simplemente en obras boas, coma Ironman. Hoxe non falarei de ningunha destas se non do horror  que pode chegar cambiar totalmente un producto para adaptalo o lenguaxe do cine (e aínda enriba mal), falo coma non de Dragon Ball Evolution.

Primeiro quería empezar resaltando as suas principales cartas ó seu favor, para darlle a este post certo aire de obxetividade, pero é que por moito que o intentei non conseguirencontrar un solo punto a favor, un solo momento que me gustara, ou por lo menos que non fixera desexar a fin do mundo, tampouco encon trin algo positivo nos efectos especiales, que son unha mestura extraña entre serie b e producción ultramillonaria, por non falar do horrendo das caracterizacións e as actuacións, dignas todas dun Goya (coa excepción nalgúns momento de Bulma ou de Goku no momento da break-dance loita).

Pero vamos o importante ó argumento da aberración en cuestión, Goku é un chaval no último curso de secundaria e que ó empezar a pelicula cumpre 18 (sabese porque o avó o felicitao e regalale unha bola de dragón), vive co seu avó que sen motivo aparente sabe moito de artes marciales e é un marxinado no seu instituto a pesar de ir engominado a moda e todo. O entrar o instituto chegamos a un dos encontros amorosos peor contados da historia, en serio, ata High School Musichal, é unha pena non poder subir as imaxes pero para que vos fagades a idea, Goku, está tranquilo na clase na que están  falar de eclipsis solares e de repente mira o lado e enamorase a primeira vista de Chichi, e sabese que se enamora a primeira vista por que nada mais vela, quedase con cara de  ter levado unha hostia e vea rodeada de flores e paxariños, estando o protagonsita na inopia o profesor coma é o seu deber chamalle a atención cunha pregunta sobre o ultimo que dixo sobre o seguinte eclipse solar ó que Goku responde calmadamente,  “cando a luna de sangue tape o sol o desfacedor destruirá todo o construído ou polo menos é o que di meu avó” o profesor regañalle dicindo que non volva pasar e xa está, eu personalmente despois de oír iso chamaría a un manicomio para que se leve o avó de Goku e sometería a este a unha terapia psiquiatrico ou polo menos mandaríao ter unha charla co psicólogo ou algo pero él verá. Pero aínda non acabou o peor desta escena, CHichi despois intenta abrir a sua taquilla infructuosmente porque se lle olvidou a cmobinación e Goku dende unha esquna usa seus poderes para abrir todalas taquillas de golpe, chichi o ve e en vez de chamar a policia ou preguntar un lóxico “¿Que coño foi iso?” ponselle a explicar a Goku que o que fixo foi transmitir o seu ki para abrir as taquillas e mil trapalladas máis (coño creo que el saberá o que fixo), e logo invitao a sua festa da noite así sen máis.

Tras esto durante a festa a que Goku vai, deixando ó seu avó so na casa cunha tarta de cumpleanos para él (está xuventude), pelexa contra os que lle facían bulling nunha exibición máis propia de break dance qu de artes marciales e posteriormente contalle a chichi que seu avó tíñalle que contar como morreron seus pais cando cumplira 18 e agora que os ten aínda non llo contou (coño haberte pasado por casa) e cando vai vir o momento do beso máis casto do mundo, o sexto sentido (o arácnido) avisalle que  Seu avo está en problemas e marcha correndo a súa casa. O chegar descobreo morto,e él dille que o matou Picoro (ainda que en realidade matouno un mounstro amarillento sen antenas que nonse parece en nada a picolo)e que ten que falar co maestro Sen Rin e a historia das bolas de dragón 8que non contarei para non traumatizar ós fans do manga e o animé), encontrase polo medio con Bulma case se matan, deciden ir buscar as bolas xuntos e dirixense cara a casa do maestro. Nela o maestro (que se parece tanto ó maestro Sen Rin-duende tortuga para os profanos-como eu a Brad Pitt) uneselle tamén, buscan bolas, van entrenar a Goku nun lugar de loita secreto onde hay 1000 persoas (tan secreto non será) onde se encontra con Chichi (que resulta que é loitadora de artes marciales, así sen máis), cando van buscar outra bola aparece Yamcha (en plan chulito , co pelo rubio, sen puar e sendo apaz de ligar) tamén se lles une, vencen a uns esbirros de picolo conseguen outra bola,e aquí chegamos de novo a outro dos momentos claves da pelicula, cando Goku itenta aprender a Kame hame, teoricamente ten que acender unhas velas con ela, intentao e non é capaz, pero chegada a noite aparecelle chichi,e como estimulo proponlle que cada vela que acenda representará uha parte do seu corpo que él terá, e aquí cando críamos que cun pouco de carne podería mellorar a pelicula (porque todos pensamos, todos) vai e so é que se acercará un pas más a él,ayy chichi  filliña se eu fose Goku mandaríache a merda por calientapo…pero como Goku é parvo acepta e danse un beso ce apáganse as velas, uyy que bonito. A todo isto a axudanta de Picolo clonouse para parecer a chichi (con sangue sua que conseguiu sabe deus como) e entra para robar as bolas de draón, logo hai pelexa de chichis, Goku pegalle a equivocada 8se é que cando se está parvo, se está parvo) e tras unha experiencia cercana a morte deciden ir salvar o mundo, que Picolo quere destruir porque encerrarano por querer destruir o mundo (a pegunta é porque diantres querría destruir o mundo a primeira vez porque en toda a película non se explica).

Aquí chega a apoteosis final, un combate mortal entre o héroe e Picolo e a transformación de Goku a causa do eclipse solar,e cando todos pensabamos que home polo menos aquí tranformarase nun mono xigante e é imposible que un mono xigante non mole, pois non transformase nunha especie de home-lobo-mono que ademáis é servo de Picolo (sip, Goku era un servo de Picolo, nótase que informaronse ben do manga, polo menos deberon mirar as portadas durante 10 segunos ou así) Goku está a punto de matar o Mestre, e entón descobrese sua humanidade, mata a Picolo e todos felices, menos os espectadores que saímos cabreados por esta blasfemia.

A moralexa desta historia é se vas a adaptar un producto por todos querido facendo mil cambios podelo facer ben (en plan Slumdog Millionaire) ou se facelo mal e adicarte a recaudar millóns a costa dos incautos que entran no cine e non é que conste que a película non me pareceu mala por fusilar unha obra da miña infancia (que eu de mitómano teño o que Fraga de xoven), se non por que é mala, ten un mal argumento mal desenrolado, faltánlle moitos minutos (cos que pasaría ser unha peli narrativamente conexa, mala pero conexa), e uns personaxes moi tópicos e pouco creíbles (Bulma é unha excepción e ata queda mellor sen pelo azul)

 

O prometido é deuda

Puto wordpress

Abril 15, 2009 por diegoabuelo

Tiña preparado un post sobre dragon ball evolution, pero wordpress hoxe por un extraño motivo non me permite publicar posts de máis de 200 palabras e polo tanto comeumo enteiro, sintoo, atrasarase ata o vernes e con sorte iso permitiralle melloralo un pouco, de paso aviso que o sabado non haberá post por motivos personales, porque de repente teño unha vida,

Saudos e disculpas Diegoabuelo

Curso es preso de gallego 1

Marzo 28, 2009 por diegoabuelo

Aviso: post en castellano.

Bienvenidos a este el primer curso express de gallego dónde les enseñaremos eso básico qe no enseñan en ningún centro en breves y cómodas lecciones que podrán seguir facilmnte mientras juegan a escondidas al halo en el trabajo o esperan a que se les queme la comida.  La primera lección de hoy traa de algo imprescindible en cualqur idioma, lo que se respira en la calle, si, estamos hablando por supuesto de los tacos.

El primero que aprenderemos es practicamene una palabra no malsonante, ya que cualquier gallego la dice una vez cada tres palabras (dos si es de aldea), la palabra es carallo y significa en principio pene, viene del latín cara culum (no me lo estoy inventando, viene en el diccionario) que significa palo pequeño (ahh el sentido de la autoestima gallego). Es utilizado en infinitud de expresiones con ininitud de significados. Ahora unos pocos ejemplos de su uso en algunas:

Non me toques o carallo (molestia)Vaite o carallo (mandar a la mierda a alguién) Está no quinto carallo (distancia) Estou de carallos ata aquí (hartazgo) Ser carraludo (ser buenísimo) Estar escarrallado (bastante fastidiado o estropeado) Facer un sol de carallo (moito sol) Ir de carallada (de juerga) Caralladas varias (tonterías  y bromas variadas), escarallarse coa risa (partirse de risa) etc..,etc…

La segunda de las palabras de hoy es cona, o sea lo opuesto a carrallo, de uso más soez y reducido, las expresiones principales con esta palabra son: estar ata a cona (harto de algo), non me toques a cona (ver non me toques o carallo)

La tercera palabra es trebellar (no confundir con traballar que es trabajar), que siguindo con el tema significa darse práctica de onán y que causo a los curas castellanos montón de confusiones (trebellar no es malo siempre que no se haga en domingo, benditos curas), acompañada de esta está foder, que es el equivalente perfecto de el joder castellano, y su sinónimo aquelar (que también significa coser y en Noia es palabra comodín para cualquier verbo). El resto de las palabras son o prácticamente idénticas al castellano con sus mismos usos o solo ligeramnete cambiadas pero iguales en su utilización (

Hasta aquí la lección de hoy, que ha sido patrocinada por leches Farsa y por Conservas Pescavella.

Y en al siguiente entrega vocabulario agrícola,´del que pueden ver un anticipo aquí gracias a Heredeiros da crus

A doblaxe da galega:basura inmunda ou xenialidade creativa

Marzo 23, 2009 por diegoabuelo

Se hai unha cousa da que todo espectadores da galega nacido entre 80 e os 90 acaban falando, tanto que ten un grupo no feisbuc ese (aínda que hoxe en día ata a xente que gosta de poñer os discos de ramoncin ó revés en busca de mensaxes subliminales da SGAE a de ter grupo no feisbuc), aparte de coma cambiou o xabarín para mal, é do doblaxe de certas películas ó galego, así que nun blog sobre a galega non íamos ser menos.

Para quen no sepa de que vai o tema (é polo tanto entrou aquí buscando pornografía en galego) A doblaxe da galega caracterízase por estar domesticada, moi domesticada, increíble e soberanamente domesticada, por ser, en resumen, máis galego que fraga vestido de polbo mentres toca a gaita e baila unha rianxeira sobre a catedral de Santiago. Isto levou ó principio da galega, cando só poñía westerns e o luar, a diálogos tan surrealistas coma o seguinte:

-Pepe, non hai lugar para os dous a este lado do ulla.

-Para quen non ai sitio é para tí, Xurxo

Esta doblaxe foise refinando cos anos, o que na miña opinión era unha pena, porque personalmente pagaría por ver terminator localizada en coruña ou a sean connery con acento aurosán. Aínda así seguiu sempre mantendo un estrano afán por potenciar as frases  ditos máis típicos da fala, coma no xa ultracoñecido exemplo de terminator 2 onde se sustituiu o inglés “Hasta la vista, baby” por Vai rañala, raparigo” que pode ser todo o orixinal que queiras, pero pega coa escena coma unha patada.

Agora, poñéndome serio teño que recoecer que as voces están sempre moi ben escollidase e que ás veces os tradutores saben medirse máis e apatarse un pouco do gusto hipernormalizador e hipernormativizador da galega (aínda non oín unha serie da galega na que a xente fale como se fala, en vez de como catedráticos de filoloxía galega), creando con isto verdadeiras obras mestras do doblaxe coma pode ser sin-chan, no que  cando non se podía traducir un chiste do xaponés sempre eran capaces de poñer un chiste igual ou aínda máis gracioso en galego (cousa que non souberon facer na versión castelá da serie), pulp fiction, na que elimínase ese falso “jodido” da versión en castelán e consíguese que personaxes totalmente americanos nunha historia igual de americana parezan poder vivir sen problema na túa casa do lado, ou incluso bola de dragón, xa que oír a vexeta “vouche esnaquizar, verme feorento” ou “Goku, ti o que es é un larpán e un miñaxoa” queda crible  a vez que e unha mosta de orixinalidade vale diso e de querer ensinar os nnos vocabulario en galego).

E de paso quero facer uns anuncios, o primeiro que a temática do blogue vaise a abrir para chegar tamén a televisión de ámbito nacional e a temas varios relacionados con galicia e co galego (dende noticias ata banda deseñada ou os xa mencionados videoxogos), dous que que a partir de semana seguinte o blog será realmente periódico: dous post por semana, un os mércores, dos cales un fará sempre referencia á televisión galega e o outro a calquiera outro tema que se pase polo maxín e a terceira que poderá incluir incluso alguna entrevista a personaxes galegos (so e consigo contactar con eles e que me respondan o que é practicamente imposible pero intentarase).

Por primeira vez algo serio

Febreiro 26, 2009 por diegoabuelo

Ben, fai tempo que non publico nada aquí (como motivos á meu favor aduzo exámenes, revisións e similares), e xa tiña pensado volver hoxe ou mañá e ata tiña preparado un post deses meus con chorradas varias sobre a galega, o xabarín ou cousas casposas made in jalisia, pero hoxe certo molesto incidente sucedeume e pareceume tan xugoso (non hai nada mellor que a mala bada destilada) que decidín pospoñer o post que ía ser para hoxe para a próxima semana para narralo xunto con outro do mesma estilo acaecido fai uns meses.

O primeiro suceso ocurrioume hoxe mesmo indo a dar un volta por esa preciosa ciudad que é Vigo e onde vivo e estudio. Rematara eu as clases antes do normal e volvera a meu piso, perante o aburrimento que é observar a caixa tonta a mñá decidín ir camiñando ata un conocido centro comercial vigués, e xa cando estivera alí chamar un amigo para tomar un café, unha cervexa ou o que se terciara. A isto que ó pouco de salir do piso e cruzando unha calleestreita ven un cani nunha motoreta destas de moito ruído e poucas noces a 150, obviamente o individuo en cuestión ten que pararse para non pasarme por enriba (que vendo a súa reacción anterior dudo que lle importase moito máis alá de que poidera estropear a súa hortera carrocería). Eu seguín camiñando tranquilos sen darlle importancia o asunto , xa que non viñan coches por detrás e a moto poido frenar sen problemas e non houbo que lamentar danos, cando empezo a percatarme de que o homo canidis en cuestión estáme a seguir coa moto mentres pola sua boca e a do seu colega (outro homo canidis) soltan contra min e contra miña familia perlas de todo tipo (a destacar “ya llorarías si te hubiese atropellado, gilipollas de mierda” o el desconcertante “Deberían quitarte el carnet de conducir y el de peatón, so capullo, hijo de puta”) amén de otros insultas menos currados.A miña paciencia que, aínda que enorme, no é infinita tras 10 minutos de seguirme coa moto e insultarme (e digo eu, se tiñan tanto tempo para andar vociferando detrás de mín a onde irían con tanta presa que tiñan que ir a 150) acaba por esgotarse e finalmente dígolles tranquilamente “Un pouco de educación, joder” o que eles ante este ignominioso e horrendo insulto, porque así deben de ver o que alguén pense que teñen capacidade para o civismo e o bo rollo en xeral, fan e baixarse da moto no primeiro semáforo vermello e sen que eu me dera conta (por que inxenuo de min pensei que os neandertales cansaran xa do estúpido xoguecito) viñeron e agarraronme pola espalda para logo xirarme a cara e darme a hostia con máis mala baba que xamáis recibin, xunto con o primeiro cascazo nasal da miña (naquel momento pensaba corta) vida. E todo isto ante a mírada curiosa dos viandantes que observaban a escena coma se de noticias de cambio político no Congo se tratara

Na outra anecdota, algo máis breves, estaba eu fai uns meses pagando uns embutidos no supermercado cando vin pola porta caer un anciano de noventa anos, en canto me cobraron, fun rápido a intentar levantalo. O señor tiña unha herida que parecía bastante fea na frente e a verdade eu estaba case tan acojonado como estaría el. Estiven intentando poñélo de pé infructuosamente durante un rato longo, cosa que me foi imposible debido a que cos meus escasos 67 kilos levantar un corpo de 90 e tantos écheme un pouco difícil. Asíq eu tívenme que quedar media hora aguantando a un pobre señor que necesitaba axuda hospitaria.´E todo isto de novo ante a indiferente mirada da xente na rúa.

De estas anécdotas poderíase sacar a conclusión de que perdéronse os valores, a sociedade está insensivilizada e demáis chorradas que sempre se din, pero tendo en conta que as dúas terminaron con unha boa persoa (no primeiro caso una muller que traballaba en meixoeiro e que preferiu levarme a urxencias aínda antes que mírala matrícula da moto e no segundo dus albañís que saíran do traballo e axudaronme a levantar ó ancián mentres eu chamaba a urxencias) prefiro sacar unha conclusión que os trate coma se merecen e esta é que hai moito cabrón solto pero por cada vinte deles hai unha moi boa persoa disposta de axudar e iso é o que realmente importa.

E para o seguinte día deíxome de ñoñerías e volvo coas paridas habituais, i promise it. 

Estas d