Series Xuvenís 2 (o retorno da veganza da ira da pataleta dos infantes)

Marzo 14, 2010

Porque se antes xa falei das series xuvenís e o seu horror neste blogue ,que en principio vai de tele (e de cine e do que a min me de a sacrosanta gana, que para algo son o que escribe) agora toca falar do irmán pequeno, pero non por iso menos horrendo, as series infantis. Aquí vai un informe coas series infantís que provocarán que as seguintes xeracións saían inda peor  que estas nas que estamos(si é posible, difícil pero posible).

Os Lunnis: Non vos estrane que poña esta de primeira, sempre lle tiven tirria os bonecos de felpa presentando xunto con seres de carne e oso, ata en barrio sésamo e iso que alí ata tiñan carisma algúns e todo, pero non, non me poden facer crer que nun mundo normal convivan persoas de pel con monstruos feitos de tela  e que as persoas normais non saian correndo por patas ou dedíquense a facer unha matanza estilo Tarantino pero con algodón voando en lugar das tradicionais vísceras. Porqué poñámonos en situación, se un boneco de 1, 60 ven hacia ti falando, desconfías un pouco e se aínda encima é un becho amarelo con pelo tipo cenicero bakaleta (marca registrada) xa directamente buscas un arma.

Pero non é so isto o que me enfurece dos lunnis, non, nin tampouco a redundancia de todo, que se notan que en nomes os productores se notan que non tiñan moita imaxinación, porque vale que como sexan lunnis, todos seus nomes empecen por lu (que ata te pode parecer gracioso se tes 4 anos), pero que aínda encima vivan en luna lunera que queda en lunilandia na lúa (isto último é imposible de adiviñar), nin que os malos sexan tan tontos que ata un deles ten a voz de patricio de bob esponxa, nin que todolos personaxes sexan estereotipos odiosos, nin as cancións que non veñen a conto, nin que non te podas librar de ver nenos con cousas súas, nin nada máis. O que REALMENTE me fode dos lunnis e a bruxa LULA, porque que directivo, probablemente home de familia, se lle ocorre poñer unha referencia a bruxa lola (porque son iguais, oe) nun programa para nenos de 4 a 6 anos, a que persoa cabal, era necesario acaso? non pensaron na posibilidade de que poñer a unha bruxa que non se parecera un personaxe casposo do corazón quizais, so quizais podía ser unha non demasiado boa idea? ou é que todo forma parte dun plan para que os nenos vexan a noria e salvame ( a versión do 2020 con jorge javier vazquez robot) de maiores mediante ese lixeiro mensaxe subliminal? Eu aposto todos meus aforros a última

Series enlace: Pa que me entendan con isto series enlace, son aquelas series infantís que so son unha escusa para por outras series infantís. Unha idea que parece absurda en principio e que se podería levar o infinito de maneiras case pitagóricas (imaxinadevos un club disney onde en vez de series puxeran un club disney que introducira outro club disney, seria un pesadelo digno de dalí), pero que en España tivo moito éxito, dando lugar a cousas como megatrix, ese espacio de antena tres que tiña tanta lóxica que decidía que o lugar de futurama e de malcom era algo que pillarían rapaces de 11 anos, e que polo medio tiña concursos ou cousas así con presentadores de 30 e moitos intentando parecer xoves, dos que non me acordo porque coma todos ía o baño ou aproveitaba para almorzar neses ratos. Tamén estaba o club disney que era o mesmo pero botaban pepper ann así que molaban máis (recordemos que os galegos víamos dragon balll na galega así que quedaba anulado a única gran serie de megatrix), e que a cambio tentaban facer sketches e gags dignos do guión dun chaval colocado sen sentido do humor nin do ridículo. E coma non o Xabarían club, pero de ese gran programa xa falamos.

Programas tipo A casa de Mickey ou Bob o albañil: Ou sexa, programas destinados a un público preescolar, que teñen como principal precepto, os nenos son os seres máis estúpidos do planeta e aínda que nalgunhas cousas dennos mil voltas os adultos, hai que tratalos coma se fosen un desperdicio evolutivo cun corpo de humano e un cerebro de cabalo. Tamén é unha característica especial de estos debuxos que todo fale ou teña cara, que creo nalgún ata as ferramentas falaban (e menúa putada sería para un fontaneiro que a maldita chave inglesa empece a narrarte a súa vida e non te deixe facer o teu traballo dunha vez, sorte que cobran por horas). Mención especial de este apartado merece Pocoyó, e dela que digan o que queiran, que será infantil, que trata os nenos coma idiotas (porque as outras non o fan, que va…..) pero a min gústame, iso si é unha serie que sen pato non vale nada. Pato you’ll be always in my hearth.

E con isto finalizamos os tipos fundamentais de series para raparigos (trapos, de enlace e animacion preescolar), quedanos polo medio as series intermedias que nin son para nenos pequenos pero tampouco para xovenes exclusivamente, estas de animación, que pretenden ser graciosas sen selo ou que saen héroes (que se son americanos e  terán que convinar a súa vida heroica coa escolar, lei de vida) , pero de ahí pódese sacar tanta chicha que o deixo para outro día.

Advertisements

Asterix e a madre que pariu a uderzo (big culo day special)

Febreiro 16, 2010

Corre o ano 2010, tódala miña colección de tebeos de Astérix está ocupada por obras de gran calidade e divertidas. TODA, non, unha historia repulsiva e noxenta resiste todavía ó gosciniano invasor gracias á súa poción máxica, preparada polo druida Udercix que lle proporciona uns guións dun nivel pésimamente sobrehumano. Este tebeo chámase ¡O ceo caésenos enriba!

E nunca un título se axustou tanto o contido, porque é o que calqueira fan das aventuras da aldea gala sinte, que o ceo se lle cae enriba e ó igual que a isto era ó único que Abracurcix lle tiña medo, este tebeo pasará a ser o único pesadelo recurrente de quen o lea.

A historia comeza cando os nosos bravos heroes van cazar xabaríns, ata aquí todo dentro do común, ata  que se encontran que todolos xabaríns están paralizados e o mesmo toda a aldea, a excepción do druida. Descobren que isto se debe a UNHA NAVE XIGANTE CON FORMA DE BOLA DE GOLF DORADA da que sale un bicho violeta que lembra na cara a mickie sen orellas e que é disnewaltiano (é díficil adiviñar de onde sacou o nome, ehh) que ten a capacidade de crear superclons (idénticos a superman curiosamente). Tras desconxelar a aldea cóntalles que ven a advertirlles que os malvados Namgakas do planeta Namga veñen a roubarlles a poción máxica. Tras isto hai loitas, se decatan de que a poción non lles afecta ós alieníxenas, hai algún chiste clasico de asterix polo medio (non moitos non vaia a ser que sexa gracioso ou algo) e ó final todo termina cos aldeanos coa memoria borrada e con nós desexando que nos borren a nosa.

Podería seguir dando detalles e detalles polos que este me parece o peor comic escrito por Uderzo, podería nombrar máis situación absurdas coma a loita entre sueperclones disnewaltianos e robo-ratones  namgakas, chistes horrendos (de feito o único chiste 100% asterix é o de “importame unhas berzas” *especie de col gala), pero creo que non fai falla dar ningunha razón de máis, a absurdidade da trama fala por si mesma. Comprendo que Uderzo quixera cambiar e facer algo diferente pero tiña que fácelo dentro da saga asterix, unha saga que tenos acostumbrados a unhas estructuras fixas pero graciosas; dentro das cales caben tramas de todo tipo con historia divertidas, xogos de palabra que rompen a cabeza ós traductores, burlas a estereotipos culturales e romanos vapuleados (algo que so aparece unha vez en este tebeo).

E agora coma guinda darei a miña teoría de porque Uderzo publicou este tebeo, algo que nin sequera o Álvaro Pons viu (ou si pero que carallo): O tebeo en sí e unha defensa da animación tracional frente o manga, parecerá ridículo pero se te fixas nos nomes dos extraterrestres xa non o é tanto. Así os aliénixenas bos chámanse disnewaltianos (por walt disney para os lectores que esten na ESO) e os malos Namgakas que é un acrónimo sinxelo de Mangakas, reforzado isto porque a súa nave lembra a Mazinger Z. Co cal se pode teorizar que Uderzo xa vai maior e mestura churras con merinas e cascos de romano con cascos de astronauta.

EXTRA:

E coma é Big Culo Day organizado polo señor jotace, o marciano coa mírada máis sucia do universo Internetero, está celebración creada para difundir o bo humor entre blogs e burlarse de San Valentín por medio de imaxes de culos, regalo un extra relacionado con asterix e coa celebración:

Deixo a labor descontextualizadora pa outros.

A que se esperaban outra cousa, pero se teñen o que prometín culos e asterix…… ehh que fan todos estos internautas saidos con atorchas e pancartas de queremos porno de falbalá diante da miña casa.

Bottom 5: Peores adaptacións de comic

Novembro 26, 2009

É unha realidade que da cada vez máis medo según se realiza:A NORMALIZACIÓN

Si amigos, a normalización, está aquí, para que non o saiba, refírrese o feito de que o mundo do comic, o manga, o bd e demáis está a pasar de ser cultura cultura popular case soterrada e so coñecida por uns poucos (os comecacas e os otakitos) a estar presente no día a día, de igual maneira que o está o cine ou outros artísticos coma o cine. E isto é ledicia e regocixo de moitos (xente que polo xeral NON se chama Molina Foix) pero hai que recordar tamén a vertente escura de isto porque pode traer consecuencias terribles e como mostra un botón. As adaptación xa sexan cinematográficas, xa sexan televisivas ou a novela (que algunha haberá) das viñetas, que ainda que moitas veces son productos bos a veces poden provocar pesadelos. obviamente coma son masoquista falarei destes últimos: as piores adaptación do comic (no manga non entro, que é outra cousa distinta)

5. A liga dos homes extraordinarios: Sí xa sei que non é tan mala, que hai outras que se merecen estar aquí, pero lle queres, teñolle tirria a esta película. Non só porque se queda co menos sustancial da novela gráfica do barbas e rompe todo o ritmo narrativo que fai a historia viñetística interesante, se non sobre todo polos cambios de personaxes e o lightismo reinante. O feito por Moore era unha historia entretida cuns poucos personaxes e tramas de remedos literarios, o mesmo tempo que describía a sociedade victoriana. A pelicula pasa de describir ben a sociedade (donde están eses fumadeiros de opio) e perde credibilidade, e a cambio para gañar puntos intenta sustituir uns personaxes por outros de maneira que so o estropea máis quitando os necesarios e engadindo insustanciais, e o mesmo fai coas tramas . E despois do desfogue, tendo en conta que tamén se adaptaron Watchmen, From Helle V de vendetta, a este ritmo, para cando adaptaran o cine os fanzines psicodélicos deste señor.

4.Spiderman 3 Era de lei, tamaña hostia o pobre trepamuros tiña que estar aquí. Foder unha das mellores sagas protagonizadas por Spidey, a do simbionte, e de mala xente. Tiñano fácil con presentar a o simbionte tal coma o presentan no comic terían media pelicula feita, a xente non se fixaría no forzado dos guións, no mal esbozo da psicoloxía do home de area, nin en ningún posible erro da pelicula, teríanos a todos embobados pensando “OH dios como mola spiderman co traxe infectado, e como afecta iso de maneira tan orixinal a sua vida persoal”. pero non so decidiron que unha entidade malvada do espazo soamente obligate a vestir elegante e ser lixeiramente borde. Entre isto e Mefisto dudo que Peter (e non me refiro a Griffin, que esa xa fai tempo que decaeu) volva levantar cabeza.

3. The spirit Síntese por Frank Miller. Pero non, non pode ser, aplicarlle o mesmo estilo a tódalas adaptación dos teus comics é aceptable, vale; pero non podes impolo as obras doutras persoas que teñen un estilo completamente diferenciado do teu e que necesitarían dun tipo de adaptación distinta, e máis se están mortas e non poden dar a súa opinión (e logo está o feito de por Frank Miller’s The sipirit por unha obra de Eisner: ética profesional, non sei de que me falas, non te oio co ruido dos fans e os cartos). Así que Miller aprende a lección cunha bonita rima: Meu estilo é molón, meu estilo é xenial, pero as cousas as que non lle pega, deixareinas en paz.

2 The punisher Bueno creo que non cabería comentar nada. Unha película mala (pero mala con ganas) por si soa, sobre un dos mellores personaxes de Marve na miña opinión. Xa non é que sexa unha adaptación mala e que todo nela desprende tufo a cutrerío, e non cutrerío serie B, non, cutrerio inintencionado, do malo. Os actores soan forzados, os diálogos e o guión parecen escritos a medias entre un mono borracho e un neno apampado (ou un mono apampado e un neno borracho noutras esceas). A fotografía é horrenda. Definitivamente é unha adaptación que acabará convertíndose nun clásico, iso si nun usado coma exemplo para o que todo creador debe evitar cando vende os dereitos da súa obra.

1 Spiderman, the new adventures E si o posto número un é para unha serie de debuxos. Probablemente a peor serie de debuxos sobre superheroes xamáis escrita, nin sequera as da JLA. Unha serie que non so sáltase o comic a toreira, tamén os personaxese o seu contexto, porque que pinta un Spidey futurista nun planeta desconocido loitando contra humanos mutados en medio animais, coma se da Isla en versión espacial se tratara, pois exactamente iso, NADA. Unha serie na que Peter Parker é un tipo seguro e Spiderman dubitativo e non solta unha ironía, na que a Tia May e o tio Ben non se mentan e na que Mary Jane está todo o rato feliz, case coma se dun coffe shop sairá tras quedar encerrada ali 4 días. Se xa digo, o que non fagan co pobre Spidey.

os MMORPG: perde a túa vida social en 10 cómodos pasos

Setembro 4, 2009

Amigos e amigas, hoxe toca falar dun tema importante, un tema do que se fala en cada esquina das cidades, en cada tenda de tebeos (ou de comics, de banda deseñada, de novela gráfica ou coma querades chamala) agora erma e valdía pola falta de clientes, en todolos cibers do barrio e en tódolos tendas con camisetas de iron maiden en galicia. Si como supoñeriades, falo da nova expansión que sairá cando saia, para o chupavidas por excelencia, o xogo que ten irónicamente nome de exclamación sorpresiva: O Wow o Juol of Juarcraf para os máis galegos.

Así que en honor de tamaña noticia que cambiara a vida de todos aqueles os que lle guste aplastar orcos, e nin nos importara o resto da humanidade, falarei de ese xénero quie parece estar absorvendo o resto de xogos por ordenador, os mmporg. As siglas de mmporpg corréspondense con masive multiplayer online rol playing games ou o que ven sendo, tradusido o católico non practicanete, xogo de rol online con modo multixogador masivo, que ten a ventaxa de non mentirte e a desventaxa de que non hai deus que o pronuncia nin tendo inglés estudado en harvard. Nestos xogos o obxetivo a alcanzar é mediante obxetivos diversos, normalmente matar bichos ou coller cousas que levan bichos os que, oh sorpresa!, hai matar para así poder escalar nun ranking no que se compite contra millóns de xogadores de todo o mundo. Isto último non é de todo certo, xa que hai xogos nos que os obxetivos son máis conversacionales, pero non triunfan. Por que? Sinxelo, porque para falar o xogador medio, xa ten o foro, o chat, o messenger, e ata en ocasións a amigos presenciais.

E agora veñen os principais xogos do sector:

1WoW: Por se alguén o dudaba este é o xogo que parte a pana, corta o bacalao e trocea os menudillos neste mundo, ou sexa impónse os demáis por unha maioría absoluta e aplastante ata causar dor (polo menos ata que saia the Star wars: the old republic e barra a todos sen piadade). O xogo básase nun xogo de estratexia tan popular como foi o warcraft (cousa que é imposible adiviñar), pero en vez de manexar grandiosos exercitos, manexamos a un mísero personaxe, a elixir entre oito preciosas razas (humanos, elfos da noite, enanos, gnomos, trolls, orcos, mortos e homes toro) divididas en duas faccions: alianza e horda, e ademais por moi incrible que pareza hai xente que elixe ós gnomos. Detrás de este xogo está Blizzard, empresa coñecida por comprar eternamente as almas de todo aquel que se engancha ós seus xogos e por facer rituais satánicos vestidos de Goofey.

2Señor dos aneis online: Se nun diccionario de sinónimos buscas ultrafan de tolkien, probablemente viranche frases coma estudante de infórmatica, geek, friki (ainda que odio esta palabra), mamarracho que se disfraza pa ir a ver pelis e a máis importante, ultrafan dos xogos de rol, co cal xuntando os dous conceptos, normal que este xogo triunfe. Ademais eu sempre fun do Hobbit.

3.Age of Conan. Moi similar a o wow, pero con temática tipo Conan e moita máis sangue, ideal para amantes do gore ou de Schwarzeneger.

4.-Guild Wars: Un dos poucos que non obrigan a pagar mensualmente, ainda despois de comprar o xogo. Do resto do xogo non sei coma é pero so por isto merece un aplauso

e 5.-Final Fantasy XI:Wing of the Godess: O mesmo que digo co señor dos aneis pero cambiando o libraco por unha saga de videoxogos.

E terminamos esta pequena introducción a este fascinante e maravilloso mundo cun aviso do Ministerio de Educación.

AVISO:Jugar a estos juegos puede producir falta de vida social, abandono de los amigos, incluso los de gustos similares, desatención a la pareja, en caso de tenerla, que lo dejara por otro que le haga caso a esa ella y no a una pantallita, también puede tener otros efectos secundarios como sobrepeso, multiple personalidad, olor corporal intenso, eyaculación precoz o miopía extrema. Si juega hágalo por su propia cuenta y riesgo.

Series xuvenis ou o ataque dos fans de FoQ comecerebros (1)

Xuño 25, 2009

Quizais vos estades preguntando por que tardei tanto en actualizar (se é ese o caso facédevolo mirar axiña), pois ben aquí ven a vosa resposta. Pasei estas xa non sei cantas semanas investigando, internándome nunha das mafias máis perigosas do globo, ó principio probei a enviar reporteiros curtidos en todo tipo de situacións, pero non funcionou, so sobeviviron dous, dous valentes periodistas que se adicaban a infiltrarse na camorra, en alkaeda, en guantanamo en calquera sitio onde ninguén se atrevería. Aínda así non me puideron traer ningunha información de utilidade xa que a paranoia apoderarase deles e tiveron que ser inernados no psiquiátrico.

Nesta situación vinme na obriga de buscarme eu as castañas e terminar o informe que me prepararan, sufrín toda clase de torturas psicolóxicas e un par de físicas, tiven que escapar de bunkeres secretos do goberno, pero agora no meu poder está o documeto definitivo, que mostrarei a continuación, sobre a maior ameaza para humanidade: As series xuvenís.

Nome da arma:Física o química, Nome en clave: Foq,  Potencia poseedora: España, Distribuidora: Antena 3.

Tras someterme a unha exposición concienzuda a esta serie podo afirmar sen dúbida algunha que é a máis potente de entre o arsenal español (que a diferencia con outro tipo de armamento posee unha gran variedade destas armas psicolóxicas). Esta arma componse de varios elementos que a convirten en devastadora: primeiro está ó seu continuo ir e vir de personaxes baixo as excusas máis absurdas, segundo o estereotipado de todos eles (a choni, o pijo, o macarrila, a corpodes, o profe guay, a profe apocada, o guaperas, a chica marxinada, a hippie, o evanxelista, a cabronaza, a psicopata, a emo e poderiamos seguir) que nunca nunca saen dos seus roles, despois está o máis perigoso as tramas que todos vimos repetidas mil millóns de veces nas series xuvenis pero ó bestia e con máis drogas e sexo e todo elevado ó cubo. Os efectos de este coctel son tan poderosos que poden anular a vontade dun experto en meditación e causar que leve carpetas coa foto de Gorka e Cabano.

Nome da arma: Rebelde way, Nome en clave:desoñecido, Potencia poseedora: Arxentina, Distribuidora: Variable

Esta serie foi producida por arxentina coma ataque contra Inglaterra en caso dunha segunda crise das Maldivas. Utiliza como arma principal unha serie de canciones pseudopop-rock de baratillo previsibles e pegadizas como principal baza contra o enemigo, aínda que colle tamén outras estratexias como os modelos telenovelescos de narrativa, co que non so pode afectar a xuventude se non tamén as amas de casa aburridas, abarcando así un maior radio de acción.

Nome da arma: Rebelde, Nome en clave: RBD, Potencia poseedora:México, Distribudora: variable

Ver  Rebelde way, é unha copia exacta pero con acento Mexicano, nótase que o departamento de innovación e creación mexicano anda falto de ideas.

Nome do proxecto:Series xuvenís Disney, Nome en clave: Proxecto WDDM, Potencia poseedora: E.E.U.U., Distribuidora: Belzeb..digo Disney.

Coma sempre, despois da desmantelación da URSS (que tiña armas avanzadas neste campo como Instituto de camaradas o Son rebelde pero dentro da dura e inflexive moral stalinista), Estados Unidos fíxose co control absoluto nesta carreira armamentística, conseguindo o seu principal éxito no proxecto WDDM (siglas de walter disney de dominación mndial, estos americanos sempre tan misteriosos e sutís). Esta campaña alcanou xa o seu máximo cenit gracias a Hanna Montanna, a serie sobre a estrella de rock que finxe non selo porque imaxino que a ninguén lle gusta que lle idolatren e adoren os compañeiros de instituto ou Zack e Cody (Unha serie hostiable sobre xemelgos que son iguais pero con personalidades diferentes, o nunca visto en televisión) enre outras moitas armas, cada cal máis dañina. Cabe destacar que este proxecto nútrese tamén doutros medios distintos as series xuvenís coma poden ser as peliculas xuvenís (e non vou dicir nada pero HSM e Campo Rock poderían ainda que paeza imposible pertencer a este proxecto).

Con isto conclúe o informe que quizais poida reanudarse, pero recordade que a miña vida perigrara nese caso, e que nos recovecos segredos nunca explorados da xungla amazónica onde me teño que esconder para evitar a miña captura o wifi non sempre colle suficiente sinal.

Let’s be interactive

Maio 9, 2009
Pinchade se non queredes aumentar vosas dioptrías

Pinchade se non queredes aumentar vosas dioptrías

 

Pois si, estou preparando un proxecto de webcomic que unirase as filas dos poucos webcomics en galego e que será retransmitido aquí, vía grella galega. Serán tiras inconexas sobre historia, arte, relixión e todo o que se tercie todas cun humor absurdo e feitas vilmente con paint e sen colorear. Pero coma a min iso de poñler títulos dáseme fatal deixarei que os catro maragatos fieles seguidores do blogue o escollades, podédelo facer mediante comentario (e subir así meu ultrainflamado ego), vía e-mail a grellagalega@hotmail.es se sodes vergoñentos ou en persoa para os que me coñezan (ou sexa todos).

E agora unhas pequenas impresións de encuestantes anónimos da rúa sobre os webcomics.

-Deixame en paz, e ve te a molestar a outro, pesado.

-Xa dixen que non me facía mormón e non me fago mormón

-Ten un certo aire de dinamismo que me recorda as obras de rezkov pero sen a mesma proundidade substancia e sen  critica ó sistema.

-Juecomi, iso que é, unha nova droja destas que vos metedes a xuventude, xa disía eu todo o rato estos rapases de ajora co seu brotellón, co seu righetono e meténdose juecomis, unha jerra tiñades que pasar.

-Mira, papá, debuxiños, pero son feos e faltan dous, o neno ese debe ser tonto.

Ejem, isto me pasa por saír a rúa a preguntar, polo menos o último testimonio tiña algo de validez.

Tribus urbanas: Os Culturetas

Maio 6, 2009

Cada vez que te animes a ir a un cineclub ou pisar unha filmoteca, ahí estarán eles. Cada vez que vaias a unha biblioteca a coller un libro, ahí estarán. Cada vez que asistas a presentación dun libro que che pareza interesante, ahí estarán. Cada vez que decidas ir a un pase en versión orixinal, ahí estarán. Cada vez que pises unha exposición de arte moderno, que vaias ó garito de moda, ahí estrán. Cada vez que saia un cómic europeo e vaias mirar como está, en fin, Cada vez que fagas algo minimamente alternativo, ahí os poderás encontrar.

Refírome os culturetas,m os intelectualoides, ós gafapastas, ós tipiños que van a cada sarao cultural habido e por haber. Pero non nos confundamos, hai xente que desfruta da cultura e tenta empaparse dela o máximo posble, que gústalle abrir os seus horizontes, e que cando vai ó teatro vai ver unha obra porque quere, porque lle apetece e porquelle parece boa. Os culturetas non pertencen a ese grupo de persoas, os culturetas non ncesitan desfrutar da cultura nin empaparse con ela, para que se van empapar se eles xa o saben todo sobre a cultura, incluso diría máis se eles mesmos son cultura. Eles pensan no seu recargado egocentrismo que ningunha obra pode considerarse artística se non están eles para validalo, e pobre de ti se con un deles te cruzas, entón prepárate a oír un soliloquio xigantesco de dúas horas sobre o porqué o cuadro este con catro cadrados azuis e un punto vermello no centro é unha xenialidade creativa que merece ser exposto coma o cumio do arte moderno e da transgresión, pero aquel con catro puntos azuis e un cadrado vermello é basura inmunda que colouse na exposición porque os que marchantes debían poñer algo comercial que aceptara toda clase de público.

Pero non teñades medo, aquí van unhas poucas claves para saber distinguir ó gafapastas culturetas dunha persoa normal e corrente á que lle gusta a pintura, a poesía, a literatura, a música ou o cine:

1. O cultureta non é un animal gregario, así que se ves máis de tres persoas falando tranquilamente sen descutir sobre nada, estáte tranquilo, non hai peligro. Iso si non te fies desa parella na que un dos membros está a laretar todo o rato e a outr asinte con cara de socorro, nin tampouco dese chaval solitario cun jersey a raias cun pin dun grupo de rock alternativo dos 70, un carriere du cinema debaixo do brazo e un libro de Proust  que nunca leu na man e  que asinte para si mesmo e di ben ou pouca calidade cada tres segundos.

2. Os cultures son omnisapientes, de todo saben ou de todo coñecen. Pregúntaslle por calquera cousa e eles teñen a resposta, iso si unha resposta intrincada que nadie salvo él pode comprender. Ademais tamén saben o que realmente ti queres preguntar e adiántanse ós teus reprimidos desexos, el sabe que querías, que devecías e morrías por preguntarlle polas similitudes entre Welles e Lynch e non so, pedirlle que calara para poder ver tranquilo “O apartamento”.

3.Esto xa o mencionei pero eles nuca van ver nada, eles so van para certificar a calidade ou ausencia de calidade dunha obra. Sen o seu avezado criterio a humanidade caería na desgracia e non sabería que ver, que oír, que criticar ou que facer e caeríamos nunha era de anarquía, volvería o nazismo e a quema de libros e a sociedade desintagraríase, ou polo menos eso é o que eles deben crer.

4.O cultureta sempre debe ir cool, e facer cousas fashion e alternative. Nunca verás a un tomando unhas cañitas nun bar a media tarde, tampouco nnha discoteca, eles están en pubs modernos onde poñen música trance alternativa, so verá series que case ninguén coñece e cando empecen a ser coñecidas deixará de velas, así mesmo cos libros e peliculas

5. O cultureta ama e defende a capa e espada todo o local, pero en realidade adora o estranxeiro. Un bo gafapasta ensalzará virtudes do cine español non comercial, pero pregúntalle cantas pelis de Buñuel e Berlanga veu (xa non diremos de Almodóvar, ó qu adora e idolatra, pero do que so veu unha vez Tacones lonxanos e porque se trabucou de sála). Xa non diremos en literatura, onde irá a tódolas presentacións habidas e por haber dos autores galegos para defender a cultura en língua rosaliana, cando eles a única poesía de lingua vernácula que se saben é as dúas primeiras estrofas do himno e unha de Iolanda Castaño.

5. Rexeitan a modernidade, e todo o que representa, exercendo así un posmodernismo borreguil e desfigurado. Nunca os verás comprar un cd, eles sempre preferirán o sonido dun vinilo, eles non ven a tele, escoitan a radio. iso sí pídelles que deixen seu Ipod, que lle quiten o seu Imac e seu Ibook e empezarán a chorar.

6. Son un ser urbano (así que se vives nun pobo ou aldea, felicidades). Aman todo o urbano, o arte urbano, visten urban casual, e encántalles a arquitectura urbana. Se non houbera cidades extinguirianse en dous segundos por alta de fume e cineclubs.

Con estes consellos poderás recoñecer a primeira vista a ese gapasta molesto e evitalo a toda costa, aínda así se non o consegues apiádome de ti.

Dragon Ball Evolution, vouche esnaquizar

Abril 18, 2009

Hoxe en día todos sabemos que as ideas orixinais na industria do cine abundan tanto coma as editoriais que coidan os seus clientes ou coma televisións que meten as boas series nun horario decente. O cine tira sempre de adpatacións de libros, comics, mangas (non é o mesmo, vinde hordas de otakus ata min), musicais, obras de teatro, videoxogos, series, anuncios (que vos parece esaxerado, xa veredes cando dentro de tres anos saquen Chocapics: a pelicula). Aínda así alguns destes productos convértense en grandes obras, como O nome da rosa, ou simplemente en obras boas, coma Ironman. Hoxe non falarei de ningunha destas se non do horror  que pode chegar cambiar totalmente un producto para adaptalo o lenguaxe do cine (e aínda enriba mal), falo coma non de Dragon Ball Evolution.

Primeiro quería empezar resaltando as suas principales cartas ó seu favor, para darlle a este post certo aire de obxetividade, pero é que por moito que o intentei non conseguirencontrar un solo punto a favor, un solo momento que me gustara, ou por lo menos que non fixera desexar a fin do mundo, tampouco encon trin algo positivo nos efectos especiales, que son unha mestura extraña entre serie b e producción ultramillonaria, por non falar do horrendo das caracterizacións e as actuacións, dignas todas dun Goya (coa excepción nalgúns momento de Bulma ou de Goku no momento da break-dance loita).

Pero vamos o importante ó argumento da aberración en cuestión, Goku é un chaval no último curso de secundaria e que ó empezar a pelicula cumpre 18 (sabese porque o avó o felicitao e regalale unha bola de dragón), vive co seu avó que sen motivo aparente sabe moito de artes marciales e é un marxinado no seu instituto a pesar de ir engominado a moda e todo. O entrar o instituto chegamos a un dos encontros amorosos peor contados da historia, en serio, ata High School Musichal, é unha pena non poder subir as imaxes pero para que vos fagades a idea, Goku, está tranquilo na clase na que están  falar de eclipsis solares e de repente mira o lado e enamorase a primeira vista de Chichi, e sabese que se enamora a primeira vista por que nada mais vela, quedase con cara de  ter levado unha hostia e vea rodeada de flores e paxariños, estando o protagonsita na inopia o profesor coma é o seu deber chamalle a atención cunha pregunta sobre o ultimo que dixo sobre o seguinte eclipse solar ó que Goku responde calmadamente,  “cando a luna de sangue tape o sol o desfacedor destruirá todo o construído ou polo menos é o que di meu avó” o profesor regañalle dicindo que non volva pasar e xa está, eu personalmente despois de oír iso chamaría a un manicomio para que se leve o avó de Goku e sometería a este a unha terapia psiquiatrico ou polo menos mandaríao ter unha charla co psicólogo ou algo pero él verá. Pero aínda non acabou o peor desta escena, CHichi despois intenta abrir a sua taquilla infructuosmente porque se lle olvidou a cmobinación e Goku dende unha esquna usa seus poderes para abrir todalas taquillas de golpe, chichi o ve e en vez de chamar a policia ou preguntar un lóxico “¿Que coño foi iso?” ponselle a explicar a Goku que o que fixo foi transmitir o seu ki para abrir as taquillas e mil trapalladas máis (coño creo que el saberá o que fixo), e logo invitao a sua festa da noite así sen máis.

Tras esto durante a festa a que Goku vai, deixando ó seu avó so na casa cunha tarta de cumpleanos para él (está xuventude), pelexa contra os que lle facían bulling nunha exibición máis propia de break dance qu de artes marciales e posteriormente contalle a chichi que seu avó tíñalle que contar como morreron seus pais cando cumplira 18 e agora que os ten aínda non llo contou (coño haberte pasado por casa) e cando vai vir o momento do beso máis casto do mundo, o sexto sentido (o arácnido) avisalle que  Seu avo está en problemas e marcha correndo a súa casa. O chegar descobreo morto,e él dille que o matou Picoro (ainda que en realidade matouno un mounstro amarillento sen antenas que nonse parece en nada a picolo)e que ten que falar co maestro Sen Rin e a historia das bolas de dragón 8que non contarei para non traumatizar ós fans do manga e o animé), encontrase polo medio con Bulma case se matan, deciden ir buscar as bolas xuntos e dirixense cara a casa do maestro. Nela o maestro (que se parece tanto ó maestro Sen Rin-duende tortuga para os profanos-como eu a Brad Pitt) uneselle tamén, buscan bolas, van entrenar a Goku nun lugar de loita secreto onde hay 1000 persoas (tan secreto non será) onde se encontra con Chichi (que resulta que é loitadora de artes marciales, así sen máis), cando van buscar outra bola aparece Yamcha (en plan chulito , co pelo rubio, sen puar e sendo apaz de ligar) tamén se lles une, vencen a uns esbirros de picolo conseguen outra bola,e aquí chegamos de novo a outro dos momentos claves da pelicula, cando Goku itenta aprender a Kame hame, teoricamente ten que acender unhas velas con ela, intentao e non é capaz, pero chegada a noite aparecelle chichi,e como estimulo proponlle que cada vela que acenda representará uha parte do seu corpo que él terá, e aquí cando críamos que cun pouco de carne podería mellorar a pelicula (porque todos pensamos, todos) vai e so é que se acercará un pas más a él,ayy chichi  filliña se eu fose Goku mandaríache a merda por calientapo…pero como Goku é parvo acepta e danse un beso ce apáganse as velas, uyy que bonito. A todo isto a axudanta de Picolo clonouse para parecer a chichi (con sangue sua que conseguiu sabe deus como) e entra para robar as bolas de draón, logo hai pelexa de chichis, Goku pegalle a equivocada 8se é que cando se está parvo, se está parvo) e tras unha experiencia cercana a morte deciden ir salvar o mundo, que Picolo quere destruir porque encerrarano por querer destruir o mundo (a pegunta é porque diantres querría destruir o mundo a primeira vez porque en toda a película non se explica).

Aquí chega a apoteosis final, un combate mortal entre o héroe e Picolo e a transformación de Goku a causa do eclipse solar,e cando todos pensabamos que home polo menos aquí tranformarase nun mono xigante e é imposible que un mono xigante non mole, pois non transformase nunha especie de home-lobo-mono que ademáis é servo de Picolo (sip, Goku era un servo de Picolo, nótase que informaronse ben do manga, polo menos deberon mirar as portadas durante 10 segunos ou así) Goku está a punto de matar o Mestre, e entón descobrese sua humanidade, mata a Picolo e todos felices, menos os espectadores que saímos cabreados por esta blasfemia.

A moralexa desta historia é se vas a adaptar un producto por todos querido facendo mil cambios podelo facer ben (en plan Slumdog Millionaire) ou se facelo mal e adicarte a recaudar millóns a costa dos incautos que entran no cine e non é que conste que a película non me pareceu mala por fusilar unha obra da miña infancia (que eu de mitómano teño o que Fraga de xoven), se non por que é mala, ten un mal argumento mal desenrolado, faltánlle moitos minutos (cos que pasaría ser unha peli narrativamente conexa, mala pero conexa), e uns personaxes moi tópicos e pouco creíbles (Bulma é unha excepción e ata queda mellor sen pelo azul)

 

O prometido é deuda

Puto wordpress

Abril 15, 2009

Tiña preparado un post sobre dragon ball evolution, pero wordpress hoxe por un extraño motivo non me permite publicar posts de máis de 200 palabras e polo tanto comeumo enteiro, sintoo, atrasarase ata o vernes e con sorte iso permitiralle melloralo un pouco, de paso aviso que o sabado non haberá post por motivos personales, porque de repente teño unha vida,

Saudos e disculpas Diegoabuelo

Curso es preso de gallego 1

Marzo 28, 2009

Aviso: post en castellano.

Bienvenidos a este el primer curso express de gallego dónde les enseñaremos eso básico qe no enseñan en ningún centro en breves y cómodas lecciones que podrán seguir facilmnte mientras juegan a escondidas al halo en el trabajo o esperan a que se les queme la comida.  La primera lección de hoy traa de algo imprescindible en cualqur idioma, lo que se respira en la calle, si, estamos hablando por supuesto de los tacos.

El primero que aprenderemos es practicamene una palabra no malsonante, ya que cualquier gallego la dice una vez cada tres palabras (dos si es de aldea), la palabra es carallo y significa en principio pene, viene del latín cara culum (no me lo estoy inventando, viene en el diccionario) que significa palo pequeño (ahh el sentido de la autoestima gallego). Es utilizado en infinitud de expresiones con ininitud de significados. Ahora unos pocos ejemplos de su uso en algunas:

Non me toques o carallo (molestia)Vaite o carallo (mandar a la mierda a alguién) Está no quinto carallo (distancia) Estou de carallos ata aquí (hartazgo) Ser carraludo (ser buenísimo) Estar escarrallado (bastante fastidiado o estropeado) Facer un sol de carallo (moito sol) Ir de carallada (de juerga) Caralladas varias (tonterías  y bromas variadas), escarallarse coa risa (partirse de risa) etc..,etc…

La segunda de las palabras de hoy es cona, o sea lo opuesto a carrallo, de uso más soez y reducido, las expresiones principales con esta palabra son: estar ata a cona (harto de algo), non me toques a cona (ver non me toques o carallo)

La tercera palabra es trebellar (no confundir con traballar que es trabajar), que siguindo con el tema significa darse práctica de onán y que causo a los curas castellanos montón de confusiones (trebellar no es malo siempre que no se haga en domingo, benditos curas), acompañada de esta está foder, que es el equivalente perfecto de el joder castellano, y su sinónimo aquelar (que también significa coser y en Noia es palabra comodín para cualquier verbo). El resto de las palabras son o prácticamente idénticas al castellano con sus mismos usos o solo ligeramnete cambiadas pero iguales en su utilización (

Hasta aquí la lección de hoy, que ha sido patrocinada por leches Farsa y por Conservas Pescavella.

Y en al siguiente entrega vocabulario agrícola,´del que pueden ver un anticipo aquí gracias a Heredeiros da crus