Xabarín Club: 1

Como prometín a semana pasada e pese a non ter aínda ningún lector, ahí vai a primeira parte do monográfico do xabarín.

Empezarei tirando da whikipedia como ser repugnante que son: O xabarín club foi un programa creado en 1994 (co cal pouco me podo acordar do seu nacimento) por Antonio Blanco e a súa etapa de maior éxito rondou sobre mediados-finais dos noventa.

O xabarín (consistía e consiste) na idea (nunca usada, por certo) de ir enlazando series de debuxos anemados introducidos por un presentador mentras intercalabanse trucos de maxia, actuacións musicais e concursos e que contaba cun clube propio. O orixinal do xabarín é que en vez de que os presentadores foran tipos de 30 anos finxindo ser adolscentes “super cools” e “super mega guays” poñer a un animal animado no seu papel que ademais de resultar menos pesado, non cobraba, nin pedía aumentos, nin se facía vello (desvantaxes os directores tiñan menos alegrías nos castings, xa se me entende…).

Como animal decidiuse poñer a un animal que fose rockeiro (por iso de atraer a xuventude) e enxebre e finalmente elixiuse ó xabarín (o can de palleiro foi incriblemente descartado pese a cumplir tamén os dous requisitos). O debuxante do xabarín foi o, xa daquela archifamoso, Miguel Anxo Prado (que desgraciadamente é máis coñecido no extranxeiro que aquí) e a voz a de Juanillo Estebán, que non sei quen é, pero saía na Whikipedia. O único fallo lóxico no pensamento dos creadores foi poñer o escenario do programa nun informativo porque pregúntome: ¿Que carallo fai un xabarín presentando un  informativo? e ¿Porque como presentador de informativo considera máis importante poñer o Manda truco, Dragon Ball Z ou un videoclip dos Blood filloas á falar sobre a crise?; pero a estas cousas non buscarlle a lóxica.

As sección máis importantes do programa eran:

a) As series: Das que ata fai pouco o 80% eran anime xaponés en galego e o resto (sobre todo o comezo) era algunha de Hanna Barbera (os picapedra, normalmente)

b) Os videos musicais:  Onde grupos non demaisado coñecidos (exceptuando a siniestro) cantaban cancións maioritariamente de estilo rock e punk, de temas variados (dende unha oda o futbolin a encontrarse cun extraterrestre pasando por un extraño conto infantil contra pepiño grilo).

c) O manda truco: sección onde unhas mans (que a saber de quen serían) ensinaban trucos de maxia

d) As felicitación dos socios que estaban no cumpleanos: Onde poñían a foto dos agraciados e o seu nome e que sempre que estabas de cumpleanos buscabas pero nunca conseguías encontrar porque no xusto momento en que a pasaban alguen cambiou, acababn de vir da publicidad e ti inda non cambiaras a galega ou estabas no baño.

e) Outras das que me olvidei ó escribir isto ou que non lembro en que consistían (o doutor TNT)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: