Padre Casares

Padre Casares é actualmente en Galicia a número un en audiencias na súa franxa, por enriba de física ou química e da xa consolidada CSI.E O que máis me sorprende disto é que o estar a conseguir pese a ser a serie de mellor calidade fabricada na galega en anos.

A serie parte da chegada dun cura novo ( e da nova escola da Igrexa, moderno, activo e todo iso…) a unha vila mariñeira do rural (San Antonio de louredo), onde xa hai un cura maior e chapado a antiga que non se quere xubilar, polo que teñen que quedar os dous curas na parroquia. Á trama engádenselle máis personaxes (as veciñas maruxas, a xoven moderna, a inocente, a organizadora de actividades, a dona do ultramarino e bar, o miñato, etc…) do que entre sobresae o alcalde, un roxo, ateo e algo demagogo.

Padre Casares é unha serei de calidade por varios factores, o primeiro son os guións, ben elaborados, con personaxes prototípicas pero cun contrapunto e que sempre busca a contraste entre escenas máis dramáticas ou relaxadas con escenas de humor, segundo polos actores (coñecidos coma “Morris”  e ,algo raro na galega, novos coma Pedro Alonso), terceiro porque trata dunha maneira sútil temas de actualidade relacionados coa Igrexa,  cuarto pola calidade da imaxe (gravada en dixital) e último porque se nas series galegas un cura coma personaxe non pode faltar nunca, con dous e de protagonistas ten que ter éxito por coll..ares.

Personaxes principais:

Horacio: o cura novo, que é enviado a Louredo (San Antonio de) a sustituir á don Crisanto, o cura vello, cando as súas intención eran ir a Ruanda as misións, e o que conduce a narración cos monologos e tamén é o personaxe que da o contrapunto serio.

Crisanto: o cura vello que non quere perder o seu posto. É rabudo e ten unha relación de enemistade co alcalde. (Spoiler) posteriormente qitaralle o posto.

Delmiro: o alcalde. É da vella escola das esquerdas, ateo e enemigo declarado de Don Cristanto,ten pelexas coa súa muller a causa do beata que é ela e ten enchufado ó seu cuñado. Coma anecdota é taxista de oficio.

E  no seguinte artículo desquitareime cos tonechos, coma os odio

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: