Xabarín club 2: as series

Continuando co monográfico sobre o Xabarín, empezo polo máis importante de tódolos programas infantís: as súas series.

Evangelion: Que se pode decir de esta serie, máis que nada porque despois do segundo capítulo (inclusive) non ten sentido nin coherencia agumental, nin lóxica, nin gaitas. En serio, se alguén conseguiu éntendela que me pase punto por punto unha aclaración do argmento xunto coas drogas que tomaron os guionistas no momento de pensa-la trama, máis alá de robots que destrúen cousas e xiros argumentales múltiples e inentelexibles.

Os picapedra: Vale, non durou moito e eu nin sequera a lembro, pero na whiskypedia pon que estivo, e non lle vou facer a quitar credibilidade a un medio que xa non a ten. Por outra parte ver a Pedro gritando Vilmaaaaaa, abre a porta¡¡¡ debía ter o seu punto

Agora esto venderiase como anuncio para coches ecolóxicos

Agora esto venderíase como anuncio para coches ecolóxicos

 Dragon Ball,Dragon ball Z, etc…: A serie maís famosa e vista do Xabarín con diferencia. Vale, que quitando a metade de Dragon Ball 1 (a mellor na miña opinión), a serie non pasaba de te-lo argumento de tipos cunha obsesión pola gomina e os tintes instántaneos dándose mamporros en sagas interminables e cansinas e de vez en cando buscando as bolas do dragón (so de vez en cando, se total a serie leva o nome delas, pero para que..). É mítico o dobraxe a galego con momentos inolvidables como o de Vexeta chamándolle paifoco a Son Goku, ou os cambios de nomes (ex: Gengi Boo a Bubú ou Trunks a Troian).

Como facer unha plei que efurza a todos por igual, exemplo práctico nº1

Como facer unha peli que efureza a todos por igual, exemplo práctico nº1

 Arale: A serie que na miña opinión máis entretiña, era divertida, sinxela e aína que algúns dos momentos eran bastante repetitivos e o humor algo básico, non lle podes esixir máis cando está dirixida a rapaces de entre 8 e 12 anos.

Doraemon: Unha serie que a parte de ser repetitiva e odiosa e sen sentido (se doraemon era un gato eu son aramis fuster de astronauta) ten o peor final do mundo, so superado polo seu spin off, e non digo máis porque me quento.

O show de Rocky e Wullwinkle:  Sinxelamente, unha serie sobre un esquío heroico e un alce covarde loitando contra malos malosos de acento de ruso ten que ser boa si ou si. Ademáis as intercalacións cos contos populares ou os relatos de Edipo eran moi orixinais.

estos agora traballan escollendo guións para as productoras de hollywood

estos agora traballan escollendo guións para as productoras de hollywood

Os viaxentes do camiño: A única serie animada de producción propia do Xabarían e xa postos da Galega. Era unha serie que tiña momentos pero que  en xeral eu lembro como tirando a mediocre; xa que na miña opinión a unha serie onde sae o xabarín, xunto co mago Merliño pódese quitar moito máis xogo do que se lle quitou. Para lembranza quedan grandes personaxes coma o moucho robot, o Xabarín ou o máis bizarro, as muiñeiras ninja.

Outras: No tinteiro quédanme as series máis novas coma Detective Coñazo (tras este chiste, varia xente suicidouse, eu incluído) e outras. Tamén Sin-chan, porque só durou dos meses antes de que lle cambiaran de horario quítandoa do Xabarín.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: