Vida fóra da pequena pantalla: Ghalisian Ghames (1)

Hoxe, na nova sección “Vida fóra da pequena pantalla” analizaremos uns dos femómenos máis misteriosos e inquedantes que se dan na zona coñecida como Galicia; xa que vamos falar  na nosa teverna do misterio (Soa musíca terrorífica  “Tiene nombres mil, tiene nombres mil, el miem…”, óese un grito: “No tan terrorífica”, Soa música terrorífica pero non tanto) dos xogos de ordenador en galego.

En concreto centrarémonos en dous: A aventura máxica de Merliño e Lugo no Tempo. O primeiro unha aventura gráfica educativa e a segunda unha aventura gráfica política?, educativa?, turística?. O que demostra que as aventuras gráficas sempre interesaron ós galegos ou moítisimo menos problable, que só se fan porque costan menos de facer.

Merliño: A aventura máxica de Merliño é unha aventura gráfica ( de ahí o de aventura) que transcurre no entorno máxico/mitolóxico de distiontos pobos e cidades de Galicia (de ahí o de máxico) e no que curiosamente, vendo a lóxica dos creadores, non sae ninguén co nome Merliño. Foi producida e creada polos estudantes de último curso do UV (Universidade de Vigo, por iso tódalas localizacións están en Coruña, se non son listos nin nada). Os gráficos do xogo non están mal para unha aventura gráfica independente, pero a historia xa é outra cousa. O protagonista, o que chamaremos rapaz pesado, está de vacacións na casa da súa avoa na aldea que se vaia facer un recado e deixao a el na casa, o rapaz sube e encontra un libro que ó abrirse desata ó mago Xerión o que venceu Hércules e de paso a un trasgo axudante (que no xogo dache axudas moi vagas e levate a outros sitios só se lle das un obxecto relacionado con eles) A isto a avoa volta e o rapaz pesado contalle o estropicio que fixo ( isto pasa por deixar rapaces de 12 anos sós nunha minicasa no medio do bosque sen Play nen Internet, aburrense e acaban desatando o mal sobre a Terra) e en vez de chamar a alguén qjue lles axude ou facer ela algo, como boa avoa que é respóndelle o equivalente a se ti or rompeches, ti o arreglas. 

O xogo sigue transcurríndo por diversas localizacións (San andrés de Teixido; Un castro; As covas do rei centolo; Pobo costeiro sen nome e Coruña) onde seguindo as regras típicas destes xogos coñeces a diferentes personaxes (destacados O Borracho e O Cura vendeestampas e O membro da Santa Compaña, o resto son moi prototípicos e sen carisma) que a cambio de facer cousiñas sen importancia danche pistas sacadas das lendas populares para vencer os malos malosos (tamén saídos das lendas que son a saber Muller 10 que enfeitiza ós homes, Mouro, versión malvada do Trasgo bo que o supera mil veces en todo incluído carisma, Bruxa e Xerión). Conseguir pasa-las probas e bastante sinxelo e a forma de vencer a xerión en tan fácil que me da pena ata comentala, pero ningún feiticeiro poderoso que so puido ser vencido por Hércules merece ser vencido por un rapaz de 12 anos e só gracias a que sabe un par de contos populares.

O hermano pequeno e marxinado do xigante verde.

O hermano pequeno e marxinado do xigante verde.

 Na próxima entrega de “Vida fóra da pequena pantalla” seguremos cos Ghalisian Ghames edestripando Lugo no Tempo, o videoxogo no que tomas unha decisión que fará que toda a xente te odie, salva-lo alcalde.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: