Series que a Galega debería traducir XA

Unha das cousas que menos me gustan da galega é a súa falta dee series extranxeiras ou adaptacións de formatos, comos e lles dera a impresión de que se traemos algo de fóra a xente ó velo na tele olvidarase de todo e empezará a comer pizza en vez de empanada, irá comer a casa da praia e non aldea, e escoitará regueton e non música folk (a que eso xa está pasando, bueno). E cando se atreven a introducir unha serie traída doutro  país, que innovadora, fresca ee orixinal, collena con pinzas colocoándoa os 2 ou 3 primeiros capítulos en “prime time” e logo pasándoa ás 3 da mañá para que morra lentamente e  así volva a comeza-lo proceso nun ciclo infinito (a heroes  nin sequera lle deixaron dexenerar).

Así que por iso vou a dar as series que DEBERÍAN, na miña opinión, inmediatamente ser traducidas o galego e postas na grella do noso canle amigo e así darlles unha axudiña os directivos ou a xente que escolle a programación.

Seinfield: A única serei de humor que como se definía a  ela misma nun dos mellores capítulos como “unha serie na que non pasa nada, so xente normal  tendo as súas conversacións, falando disto e daquelo”. Ademási é unha serie moi graciosa, realista, cuns dos mellore diálogos da televisión. E se con isto non vos convenzo, posibles directivos da galega que estexades lendo isto (1 e estaría a buscar por..tadas de periódicos) os dereitos da serie son baratos, posto que a serei ten 12 anos de idade, e se seguides preocupados polos cartos ofreceríame a dobrar a tódolos personaxes e traducir todolos guións completamente gratis só por vela en galego, así que a que esperades.

Pushing Daises: Unha gran serie que ten de todo factos sobrenaturais, humor, amor, drama, comedia, asasinatos (vale, faltalle sexo pero iso é por motivos argumentais) e cun argumento orixinal onde esten (Ned, pasteleiro,ten o don de voltar a xente morta á vida sen consecuencias sempre que non os toque (volven morrer para sempre) e que os manteña vivos durante un minuto (neste caso tería que morrer outra persoa), con isto gañas algúns cartos extra axudando a un detective a resolver asasinatos e cobra-la recompensa e todo vai ven ata que deixa viva a unha persoa, chuck a súa novia de infanciae non leo máis…) Ademási se se apuran, podénse comprar os dereitos xusto candao saia apelícula que tendrá que sair para terminar os cabos soltos da serie (que se cancelou fai pouco) e así aproveita-lo tirón. Eso sí non traduzan o título, criando vermes soa moi mal

Cámara café: Foi o mellor se fixo nestos tempos na televisión española, e é un formato que tamén valería situado nunha empresa galega (e nun concello nin te conto), así pois se nin sequera teñen que saber inglés para consegui-los dereitos, nin consegui-los dereitos, posto que cunha adaptación de formato estaría todo arranxado.

E por último e para que non se me queixen de que tiro moito de comedia,  por que non voltar intentar o mal levado experimento con heroes, con outra serei coma Perdidosou Prison Break o tempo suficiente para que podamos queixarnos de que cando pasan as temporadas, pasa tamén as ideas boas das ideas dos guionistas.

E se dentro de pouco vexo algunha das series mencionadas na galega, o que tivo idea de póñela recibirá unha cordial felicitación , meus parabnes e probablemente unha preciosa demanda por  hacer uso de ideas ajenas sin pedir autorización , pero iso si,será unha demanda decorada con motivos de festa nos bordes e con moi aduladora.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: