Tribus urbanas: Os Culturetas

Cada vez que te animes a ir a un cineclub ou pisar unha filmoteca, ahí estarán eles. Cada vez que vaias a unha biblioteca a coller un libro, ahí estarán. Cada vez que asistas a presentación dun libro que che pareza interesante, ahí estarán. Cada vez que decidas ir a un pase en versión orixinal, ahí estarán. Cada vez que pises unha exposición de arte moderno, que vaias ó garito de moda, ahí estrán. Cada vez que saia un cómic europeo e vaias mirar como está, en fin, Cada vez que fagas algo minimamente alternativo, ahí os poderás encontrar.

Refírome os culturetas,m os intelectualoides, ós gafapastas, ós tipiños que van a cada sarao cultural habido e por haber. Pero non nos confundamos, hai xente que desfruta da cultura e tenta empaparse dela o máximo posble, que gústalle abrir os seus horizontes, e que cando vai ó teatro vai ver unha obra porque quere, porque lle apetece e porquelle parece boa. Os culturetas non pertencen a ese grupo de persoas, os culturetas non ncesitan desfrutar da cultura nin empaparse con ela, para que se van empapar se eles xa o saben todo sobre a cultura, incluso diría máis se eles mesmos son cultura. Eles pensan no seu recargado egocentrismo que ningunha obra pode considerarse artística se non están eles para validalo, e pobre de ti se con un deles te cruzas, entón prepárate a oír un soliloquio xigantesco de dúas horas sobre o porqué o cuadro este con catro cadrados azuis e un punto vermello no centro é unha xenialidade creativa que merece ser exposto coma o cumio do arte moderno e da transgresión, pero aquel con catro puntos azuis e un cadrado vermello é basura inmunda que colouse na exposición porque os que marchantes debían poñer algo comercial que aceptara toda clase de público.

Pero non teñades medo, aquí van unhas poucas claves para saber distinguir ó gafapastas culturetas dunha persoa normal e corrente á que lle gusta a pintura, a poesía, a literatura, a música ou o cine:

1. O cultureta non é un animal gregario, así que se ves máis de tres persoas falando tranquilamente sen descutir sobre nada, estáte tranquilo, non hai peligro. Iso si non te fies desa parella na que un dos membros está a laretar todo o rato e a outr asinte con cara de socorro, nin tampouco dese chaval solitario cun jersey a raias cun pin dun grupo de rock alternativo dos 70, un carriere du cinema debaixo do brazo e un libro de Proust  que nunca leu na man e  que asinte para si mesmo e di ben ou pouca calidade cada tres segundos.

2. Os cultures son omnisapientes, de todo saben ou de todo coñecen. Pregúntaslle por calquera cousa e eles teñen a resposta, iso si unha resposta intrincada que nadie salvo él pode comprender. Ademais tamén saben o que realmente ti queres preguntar e adiántanse ós teus reprimidos desexos, el sabe que querías, que devecías e morrías por preguntarlle polas similitudes entre Welles e Lynch e non so, pedirlle que calara para poder ver tranquilo “O apartamento”.

3.Esto xa o mencionei pero eles nuca van ver nada, eles so van para certificar a calidade ou ausencia de calidade dunha obra. Sen o seu avezado criterio a humanidade caería na desgracia e non sabería que ver, que oír, que criticar ou que facer e caeríamos nunha era de anarquía, volvería o nazismo e a quema de libros e a sociedade desintagraríase, ou polo menos eso é o que eles deben crer.

4.O cultureta sempre debe ir cool, e facer cousas fashion e alternative. Nunca verás a un tomando unhas cañitas nun bar a media tarde, tampouco nnha discoteca, eles están en pubs modernos onde poñen música trance alternativa, so verá series que case ninguén coñece e cando empecen a ser coñecidas deixará de velas, así mesmo cos libros e peliculas

5. O cultureta ama e defende a capa e espada todo o local, pero en realidade adora o estranxeiro. Un bo gafapasta ensalzará virtudes do cine español non comercial, pero pregúntalle cantas pelis de Buñuel e Berlanga veu (xa non diremos de Almodóvar, ó qu adora e idolatra, pero do que so veu unha vez Tacones lonxanos e porque se trabucou de sála). Xa non diremos en literatura, onde irá a tódolas presentacións habidas e por haber dos autores galegos para defender a cultura en língua rosaliana, cando eles a única poesía de lingua vernácula que se saben é as dúas primeiras estrofas do himno e unha de Iolanda Castaño.

5. Rexeitan a modernidade, e todo o que representa, exercendo así un posmodernismo borreguil e desfigurado. Nunca os verás comprar un cd, eles sempre preferirán o sonido dun vinilo, eles non ven a tele, escoitan a radio. iso sí pídelles que deixen seu Ipod, que lle quiten o seu Imac e seu Ibook e empezarán a chorar.

6. Son un ser urbano (así que se vives nun pobo ou aldea, felicidades). Aman todo o urbano, o arte urbano, visten urban casual, e encántalles a arquitectura urbana. Se non houbera cidades extinguirianse en dous segundos por alta de fume e cineclubs.

Con estes consellos poderás recoñecer a primeira vista a ese gapasta molesto e evitalo a toda costa, aínda así se non o consegues apiádome de ti.

2 Respostas to “Tribus urbanas: Os Culturetas”

  1. MaRiA Says:

    bueno… que conste que vou levar os seis mandamientos culturetistas sempre á man, para, cando vaia pola calle e algún me parezca sospeitoso, poder descubrir si teño que botar a correr ou seguir o meu camiño como si nada… aínda que creo que non fará falta, que eles mismiños se encargarán de escapar de min… jejeje

  2. Luis (gafapasta... xD) Says:

    con este xa son dous comentario que fago aquí eh!!!
    non vou a discutir contigo de iolanda castaño xq como di habermas sería unha falsa comedia, un monólogo a dúas voces (como m mola esta cita, úsoa sempre q podo por se é o q estás pnsando)

Deixa unha resposta a Luis (gafapasta... xD) Cancelar a resposta