A doblaxe da galega:basura inmunda ou xenialidade creativa

Marzo 23, 2009

Se hai unha cousa da que todo espectadores da galega nacido entre 80 e os 90 acaban falando, tanto que ten un grupo no feisbuc ese (aínda que hoxe en día ata a xente que gosta de poñer os discos de ramoncin ó revés en busca de mensaxes subliminales da SGAE a de ter grupo no feisbuc), aparte de coma cambiou o xabarín para mal, é do doblaxe de certas películas ó galego, así que nun blog sobre a galega non íamos ser menos.

Para quen no sepa de que vai o tema (é polo tanto entrou aquí buscando pornografía en galego) A doblaxe da galega caracterízase por estar domesticada, moi domesticada, increíble e soberanamente domesticada, por ser, en resumen, máis galego que fraga vestido de polbo mentres toca a gaita e baila unha rianxeira sobre a catedral de Santiago. Isto levou ó principio da galega, cando só poñía westerns e o luar, a diálogos tan surrealistas coma o seguinte:

-Pepe, non hai lugar para os dous a este lado do ulla.

-Para quen non ai sitio é para tí, Xurxo

Esta doblaxe foise refinando cos anos, o que na miña opinión era unha pena, porque personalmente pagaría por ver terminator localizada en coruña ou a sean connery con acento aurosán. Aínda así seguiu sempre mantendo un estrano afán por potenciar as frases  ditos máis típicos da fala, coma no xa ultracoñecido exemplo de terminator 2 onde se sustituiu o inglés “Hasta la vista, baby” por Vai rañala, raparigo” que pode ser todo o orixinal que queiras, pero pega coa escena coma unha patada.

Agora, poñéndome serio teño que recoecer que as voces están sempre moi ben escollidase e que ás veces os tradutores saben medirse máis e apatarse un pouco do gusto hipernormalizador e hipernormativizador da galega (aínda non oín unha serie da galega na que a xente fale como se fala, en vez de como catedráticos de filoloxía galega), creando con isto verdadeiras obras mestras do doblaxe coma pode ser sin-chan, no que  cando non se podía traducir un chiste do xaponés sempre eran capaces de poñer un chiste igual ou aínda máis gracioso en galego (cousa que non souberon facer na versión castelá da serie), pulp fiction, na que elimínase ese falso “jodido” da versión en castelán e consíguese que personaxes totalmente americanos nunha historia igual de americana parezan poder vivir sen problema na túa casa do lado, ou incluso bola de dragón, xa que oír a vexeta “vouche esnaquizar, verme feorento” ou “Goku, ti o que es é un larpán e un miñaxoa” queda crible  a vez que e unha mosta de orixinalidade vale diso e de querer ensinar os nnos vocabulario en galego).

E de paso quero facer uns anuncios, o primeiro que a temática do blogue vaise a abrir para chegar tamén a televisión de ámbito nacional e a temas varios relacionados con galicia e co galego (dende noticias ata banda deseñada ou os xa mencionados videoxogos), dous que que a partir de semana seguinte o blog será realmente periódico: dous post por semana, un os mércores, dos cales un fará sempre referencia á televisión galega e o outro a calquiera outro tema que se pase polo maxín e a terceira que poderá incluir incluso alguna entrevista a personaxes galegos (so e consigo contactar con eles e que me respondan o que é practicamente imposible pero intentarase).

Por primeira vez algo serio

Febreiro 26, 2009

Ben, fai tempo que non publico nada aquí (como motivos á meu favor aduzo exámenes, revisións e similares), e xa tiña pensado volver hoxe ou mañá e ata tiña preparado un post deses meus con chorradas varias sobre a galega, o xabarín ou cousas casposas made in jalisia, pero hoxe certo molesto incidente sucedeume e pareceume tan xugoso (non hai nada mellor que a mala bada destilada) que decidín pospoñer o post que ía ser para hoxe para a próxima semana para narralo xunto con outro do mesma estilo acaecido fai uns meses.

O primeiro suceso ocurrioume hoxe mesmo indo a dar un volta por esa preciosa ciudad que é Vigo e onde vivo e estudio. Rematara eu as clases antes do normal e volvera a meu piso, perante o aburrimento que é observar a caixa tonta a mñá decidín ir camiñando ata un conocido centro comercial vigués, e xa cando estivera alí chamar un amigo para tomar un café, unha cervexa ou o que se terciara. A isto que ó pouco de salir do piso e cruzando unha calleestreita ven un cani nunha motoreta destas de moito ruído e poucas noces a 150, obviamente o individuo en cuestión ten que pararse para non pasarme por enriba (que vendo a súa reacción anterior dudo que lle importase moito máis alá de que poidera estropear a súa hortera carrocería). Eu seguín camiñando tranquilos sen darlle importancia o asunto , xa que non viñan coches por detrás e a moto poido frenar sen problemas e non houbo que lamentar danos, cando empezo a percatarme de que o homo canidis en cuestión estáme a seguir coa moto mentres pola sua boca e a do seu colega (outro homo canidis) soltan contra min e contra miña familia perlas de todo tipo (a destacar “ya llorarías si te hubiese atropellado, gilipollas de mierda” o el desconcertante “Deberían quitarte el carnet de conducir y el de peatón, so capullo, hijo de puta”) amén de otros insultas menos currados.A miña paciencia que, aínda que enorme, no é infinita tras 10 minutos de seguirme coa moto e insultarme (e digo eu, se tiñan tanto tempo para andar vociferando detrás de mín a onde irían con tanta presa que tiñan que ir a 150) acaba por esgotarse e finalmente dígolles tranquilamente “Un pouco de educación, joder” o que eles ante este ignominioso e horrendo insulto, porque así deben de ver o que alguén pense que teñen capacidade para o civismo e o bo rollo en xeral, fan e baixarse da moto no primeiro semáforo vermello e sen que eu me dera conta (por que inxenuo de min pensei que os neandertales cansaran xa do estúpido xoguecito) viñeron e agarraronme pola espalda para logo xirarme a cara e darme a hostia con máis mala baba que xamáis recibin, xunto con o primeiro cascazo nasal da miña (naquel momento pensaba corta) vida. E todo isto ante a mírada curiosa dos viandantes que observaban a escena coma se de noticias de cambio político no Congo se tratara

Na outra anecdota, algo máis breves, estaba eu fai uns meses pagando uns embutidos no supermercado cando vin pola porta caer un anciano de noventa anos, en canto me cobraron, fun rápido a intentar levantalo. O señor tiña unha herida que parecía bastante fea na frente e a verdade eu estaba case tan acojonado como estaría el. Estiven intentando poñélo de pé infructuosamente durante un rato longo, cosa que me foi imposible debido a que cos meus escasos 67 kilos levantar un corpo de 90 e tantos écheme un pouco difícil. Asíq eu tívenme que quedar media hora aguantando a un pobre señor que necesitaba axuda hospitaria.´E todo isto de novo ante a indiferente mirada da xente na rúa.

De estas anécdotas poderíase sacar a conclusión de que perdéronse os valores, a sociedade está insensivilizada e demáis chorradas que sempre se din, pero tendo en conta que as dúas terminaron con unha boa persoa (no primeiro caso una muller que traballaba en meixoeiro e que preferiu levarme a urxencias aínda antes que mírala matrícula da moto e no segundo dus albañís que saíran do traballo e axudaronme a levantar ó ancián mentres eu chamaba a urxencias) prefiro sacar unha conclusión que os trate coma se merecen e esta é que hai moito cabrón solto pero por cada vinte deles hai unha moi boa persoa disposta de axudar e iso é o que realmente importa.

E para o seguinte día deíxome de ñoñerías e volvo coas paridas habituais, i promise it. 

Estas d

Series que a Galega debería traducir XA

Xaneiro 20, 2009

Unha das cousas que menos me gustan da galega é a súa falta dee series extranxeiras ou adaptacións de formatos, comos e lles dera a impresión de que se traemos algo de fóra a xente ó velo na tele olvidarase de todo e empezará a comer pizza en vez de empanada, irá comer a casa da praia e non aldea, e escoitará regueton e non música folk (a que eso xa está pasando, bueno). E cando se atreven a introducir unha serie traída doutro  país, que innovadora, fresca ee orixinal, collena con pinzas colocoándoa os 2 ou 3 primeiros capítulos en “prime time” e logo pasándoa ás 3 da mañá para que morra lentamente e  así volva a comeza-lo proceso nun ciclo infinito (a heroes  nin sequera lle deixaron dexenerar).

Así que por iso vou a dar as series que DEBERÍAN, na miña opinión, inmediatamente ser traducidas o galego e postas na grella do noso canle amigo e así darlles unha axudiña os directivos ou a xente que escolle a programación.

Seinfield: A única serei de humor que como se definía a  ela misma nun dos mellores capítulos como “unha serie na que non pasa nada, so xente normal  tendo as súas conversacións, falando disto e daquelo”. Ademási é unha serie moi graciosa, realista, cuns dos mellore diálogos da televisión. E se con isto non vos convenzo, posibles directivos da galega que estexades lendo isto (1 e estaría a buscar por..tadas de periódicos) os dereitos da serie son baratos, posto que a serei ten 12 anos de idade, e se seguides preocupados polos cartos ofreceríame a dobrar a tódolos personaxes e traducir todolos guións completamente gratis só por vela en galego, así que a que esperades.

Pushing Daises: Unha gran serie que ten de todo factos sobrenaturais, humor, amor, drama, comedia, asasinatos (vale, faltalle sexo pero iso é por motivos argumentais) e cun argumento orixinal onde esten (Ned, pasteleiro,ten o don de voltar a xente morta á vida sen consecuencias sempre que non os toque (volven morrer para sempre) e que os manteña vivos durante un minuto (neste caso tería que morrer outra persoa), con isto gañas algúns cartos extra axudando a un detective a resolver asasinatos e cobra-la recompensa e todo vai ven ata que deixa viva a unha persoa, chuck a súa novia de infanciae non leo máis…) Ademási se se apuran, podénse comprar os dereitos xusto candao saia apelícula que tendrá que sair para terminar os cabos soltos da serie (que se cancelou fai pouco) e así aproveita-lo tirón. Eso sí non traduzan o título, criando vermes soa moi mal

Cámara café: Foi o mellor se fixo nestos tempos na televisión española, e é un formato que tamén valería situado nunha empresa galega (e nun concello nin te conto), así pois se nin sequera teñen que saber inglés para consegui-los dereitos, nin consegui-los dereitos, posto que cunha adaptación de formato estaría todo arranxado.

E por último e para que non se me queixen de que tiro moito de comedia,  por que non voltar intentar o mal levado experimento con heroes, con outra serei coma Perdidosou Prison Break o tempo suficiente para que podamos queixarnos de que cando pasan as temporadas, pasa tamén as ideas boas das ideas dos guionistas.

E se dentro de pouco vexo algunha das series mencionadas na galega, o que tivo idea de póñela recibirá unha cordial felicitación , meus parabnes e probablemente unha preciosa demanda por  hacer uso de ideas ajenas sin pedir autorización , pero iso si,será unha demanda decorada con motivos de festa nos bordes e con moi aduladora.

Vida fóra da pequena pantalla: Ghalisian Ghames (1)

Xaneiro 7, 2009

Hoxe, na nova sección “Vida fóra da pequena pantalla” analizaremos uns dos femómenos máis misteriosos e inquedantes que se dan na zona coñecida como Galicia; xa que vamos falar  na nosa teverna do misterio (Soa musíca terrorífica  “Tiene nombres mil, tiene nombres mil, el miem…”, óese un grito: “No tan terrorífica”, Soa música terrorífica pero non tanto) dos xogos de ordenador en galego.

En concreto centrarémonos en dous: A aventura máxica de Merliño e Lugo no Tempo. O primeiro unha aventura gráfica educativa e a segunda unha aventura gráfica política?, educativa?, turística?. O que demostra que as aventuras gráficas sempre interesaron ós galegos ou moítisimo menos problable, que só se fan porque costan menos de facer.

Merliño: A aventura máxica de Merliño é unha aventura gráfica ( de ahí o de aventura) que transcurre no entorno máxico/mitolóxico de distiontos pobos e cidades de Galicia (de ahí o de máxico) e no que curiosamente, vendo a lóxica dos creadores, non sae ninguén co nome Merliño. Foi producida e creada polos estudantes de último curso do UV (Universidade de Vigo, por iso tódalas localizacións están en Coruña, se non son listos nin nada). Os gráficos do xogo non están mal para unha aventura gráfica independente, pero a historia xa é outra cousa. O protagonista, o que chamaremos rapaz pesado, está de vacacións na casa da súa avoa na aldea que se vaia facer un recado e deixao a el na casa, o rapaz sube e encontra un libro que ó abrirse desata ó mago Xerión o que venceu Hércules e de paso a un trasgo axudante (que no xogo dache axudas moi vagas e levate a outros sitios só se lle das un obxecto relacionado con eles) A isto a avoa volta e o rapaz pesado contalle o estropicio que fixo ( isto pasa por deixar rapaces de 12 anos sós nunha minicasa no medio do bosque sen Play nen Internet, aburrense e acaban desatando o mal sobre a Terra) e en vez de chamar a alguén qjue lles axude ou facer ela algo, como boa avoa que é respóndelle o equivalente a se ti or rompeches, ti o arreglas. 

O xogo sigue transcurríndo por diversas localizacións (San andrés de Teixido; Un castro; As covas do rei centolo; Pobo costeiro sen nome e Coruña) onde seguindo as regras típicas destes xogos coñeces a diferentes personaxes (destacados O Borracho e O Cura vendeestampas e O membro da Santa Compaña, o resto son moi prototípicos e sen carisma) que a cambio de facer cousiñas sen importancia danche pistas sacadas das lendas populares para vencer os malos malosos (tamén saídos das lendas que son a saber Muller 10 que enfeitiza ós homes, Mouro, versión malvada do Trasgo bo que o supera mil veces en todo incluído carisma, Bruxa e Xerión). Conseguir pasa-las probas e bastante sinxelo e a forma de vencer a xerión en tan fácil que me da pena ata comentala, pero ningún feiticeiro poderoso que so puido ser vencido por Hércules merece ser vencido por un rapaz de 12 anos e só gracias a que sabe un par de contos populares.

O hermano pequeno e marxinado do xigante verde.

O hermano pequeno e marxinado do xigante verde.

 Na próxima entrega de “Vida fóra da pequena pantalla” seguremos cos Ghalisian Ghames edestripando Lugo no Tempo, o videoxogo no que tomas unha decisión que fará que toda a xente te odie, salva-lo alcalde.

Xabarín club 2: as series

Decembro 16, 2008

Continuando co monográfico sobre o Xabarín, empezo polo máis importante de tódolos programas infantís: as súas series.

Evangelion: Que se pode decir de esta serie, máis que nada porque despois do segundo capítulo (inclusive) non ten sentido nin coherencia agumental, nin lóxica, nin gaitas. En serio, se alguén conseguiu éntendela que me pase punto por punto unha aclaración do argmento xunto coas drogas que tomaron os guionistas no momento de pensa-la trama, máis alá de robots que destrúen cousas e xiros argumentales múltiples e inentelexibles.

Os picapedra: Vale, non durou moito e eu nin sequera a lembro, pero na whiskypedia pon que estivo, e non lle vou facer a quitar credibilidade a un medio que xa non a ten. Por outra parte ver a Pedro gritando Vilmaaaaaa, abre a porta¡¡¡ debía ter o seu punto

Agora esto venderiase como anuncio para coches ecolóxicos

Agora esto venderíase como anuncio para coches ecolóxicos

 Dragon Ball,Dragon ball Z, etc…: A serie maís famosa e vista do Xabarín con diferencia. Vale, que quitando a metade de Dragon Ball 1 (a mellor na miña opinión), a serie non pasaba de te-lo argumento de tipos cunha obsesión pola gomina e os tintes instántaneos dándose mamporros en sagas interminables e cansinas e de vez en cando buscando as bolas do dragón (so de vez en cando, se total a serie leva o nome delas, pero para que..). É mítico o dobraxe a galego con momentos inolvidables como o de Vexeta chamándolle paifoco a Son Goku, ou os cambios de nomes (ex: Gengi Boo a Bubú ou Trunks a Troian).

Como facer unha plei que efurza a todos por igual, exemplo práctico nº1

Como facer unha peli que efureza a todos por igual, exemplo práctico nº1

 Arale: A serie que na miña opinión máis entretiña, era divertida, sinxela e aína que algúns dos momentos eran bastante repetitivos e o humor algo básico, non lle podes esixir máis cando está dirixida a rapaces de entre 8 e 12 anos.

Doraemon: Unha serie que a parte de ser repetitiva e odiosa e sen sentido (se doraemon era un gato eu son aramis fuster de astronauta) ten o peor final do mundo, so superado polo seu spin off, e non digo máis porque me quento.

O show de Rocky e Wullwinkle:  Sinxelamente, unha serie sobre un esquío heroico e un alce covarde loitando contra malos malosos de acento de ruso ten que ser boa si ou si. Ademáis as intercalacións cos contos populares ou os relatos de Edipo eran moi orixinais.

estos agora traballan escollendo guións para as productoras de hollywood

estos agora traballan escollendo guións para as productoras de hollywood

Os viaxentes do camiño: A única serie animada de producción propia do Xabarían e xa postos da Galega. Era unha serie que tiña momentos pero que  en xeral eu lembro como tirando a mediocre; xa que na miña opinión a unha serie onde sae o xabarín, xunto co mago Merliño pódese quitar moito máis xogo do que se lle quitou. Para lembranza quedan grandes personaxes coma o moucho robot, o Xabarín ou o máis bizarro, as muiñeiras ninja.

Outras: No tinteiro quédanme as series máis novas coma Detective Coñazo (tras este chiste, varia xente suicidouse, eu incluído) e outras. Tamén Sin-chan, porque só durou dos meses antes de que lle cambiaran de horario quítandoa do Xabarín.

Tonechos ou Ira asesina

Decembro 2, 2008

Entramos en Decembro e con isto nas datas cercanas ó Nadal , e con istos nos beléns feitos con musgo (por moito que sexa ilegal), nos rencontros e rencores familiares e no límite humano para soportar publuicidade. Pero xaneiro tamén trae outras cousas coma unha vaga de frío e para non conxelarse eu recomendo a mellor calefacción: Ver os Toncehos, porque si, nada máis velos prodúcese no interior unha furia indiscriptible e ardente cara os toinechos en xeral e todo o públuico que os encontra graciosos en particular.

Para quen non os coñeza, tucho e tonecho (T & T a partir de agora que queda como máis moderno) son dous cómicos galegos que actualmente teñen un programa na galega cun humor de tal nível que en comparación os morancos parecen os monthy python nos seus mellores momentos (antes de que se clavaran navallas pola espalda). O humor parte do nada utilizado estereotipo de tipo parvo e lacazán, con fillo igual de parvo casado con muller comprensiva e con sogra gorda, o que ven sendo o paradigma do humor intelixente.

Vai con pixama, ten que ter gracia

Para máis INRI (ou sexa para máis Xesuses, reis dos nazarenos), como forma de facer rir, ou iso creo, T & T caractezízanse por levar Tucho sempre un casco e chupa e Tonecho, unha gorra mariñeira e pixama. Vendo o panorama non podes esperar un chiste que pasee do tipo que parvos que son ou que gorda que é.

Aínda así,hai que admitir que antes de ter o programa e saír so no lúar dez minutos unha vez a semana, podían provocar incluso nunha ou dúas risas ocasionais, pero a algún xenio ocorreuselle darlles un espazo semanal dunha hora, que empezou como programa de sketches, do que se salvou só o especial do Día das Letras Galegas, como unha perla que achada na metade do vertedoiro. Actualmente é unha especie de telecomedia (por decir algo) no que os tonechos están de criados/invitados no pazo dun conde tolo cun maiordomo remilgado, iso si sen deixar atrás os seus chistes sobre persoas de baixa capacidade intelectual e/ou obesas

descubrimos a Tucho sen casco e como traballan os mono...guionistas que fan o programa.

DVD especial dos tonechos. Extras: descubrimos a Tucho sen casco e como traballan os mono...guionistas que fan o programa.

Padre Casares

Novembro 17, 2008

Padre Casares é actualmente en Galicia a número un en audiencias na súa franxa, por enriba de física ou química e da xa consolidada CSI.E O que máis me sorprende disto é que o estar a conseguir pese a ser a serie de mellor calidade fabricada na galega en anos.

A serie parte da chegada dun cura novo ( e da nova escola da Igrexa, moderno, activo e todo iso…) a unha vila mariñeira do rural (San Antonio de louredo), onde xa hai un cura maior e chapado a antiga que non se quere xubilar, polo que teñen que quedar os dous curas na parroquia. Á trama engádenselle máis personaxes (as veciñas maruxas, a xoven moderna, a inocente, a organizadora de actividades, a dona do ultramarino e bar, o miñato, etc…) do que entre sobresae o alcalde, un roxo, ateo e algo demagogo.

Padre Casares é unha serei de calidade por varios factores, o primeiro son os guións, ben elaborados, con personaxes prototípicas pero cun contrapunto e que sempre busca a contraste entre escenas máis dramáticas ou relaxadas con escenas de humor, segundo polos actores (coñecidos coma “Morris”  e ,algo raro na galega, novos coma Pedro Alonso), terceiro porque trata dunha maneira sútil temas de actualidade relacionados coa Igrexa,  cuarto pola calidade da imaxe (gravada en dixital) e último porque se nas series galegas un cura coma personaxe non pode faltar nunca, con dous e de protagonistas ten que ter éxito por coll..ares.

Personaxes principais:

Horacio: o cura novo, que é enviado a Louredo (San Antonio de) a sustituir á don Crisanto, o cura vello, cando as súas intención eran ir a Ruanda as misións, e o que conduce a narración cos monologos e tamén é o personaxe que da o contrapunto serio.

Crisanto: o cura vello que non quere perder o seu posto. É rabudo e ten unha relación de enemistade co alcalde. (Spoiler) posteriormente qitaralle o posto.

Delmiro: o alcalde. É da vella escola das esquerdas, ateo e enemigo declarado de Don Cristanto,ten pelexas coa súa muller a causa do beata que é ela e ten enchufado ó seu cuñado. Coma anecdota é taxista de oficio.

E  no seguinte artículo desquitareime cos tonechos, coma os odio

Xabarín Club: 1

Outubro 27, 2008

Como prometín a semana pasada e pese a non ter aínda ningún lector, ahí vai a primeira parte do monográfico do xabarín.

Empezarei tirando da whikipedia como ser repugnante que son: O xabarín club foi un programa creado en 1994 (co cal pouco me podo acordar do seu nacimento) por Antonio Blanco e a súa etapa de maior éxito rondou sobre mediados-finais dos noventa.

O xabarín (consistía e consiste) na idea (nunca usada, por certo) de ir enlazando series de debuxos anemados introducidos por un presentador mentras intercalabanse trucos de maxia, actuacións musicais e concursos e que contaba cun clube propio. O orixinal do xabarín é que en vez de que os presentadores foran tipos de 30 anos finxindo ser adolscentes “super cools” e “super mega guays” poñer a un animal animado no seu papel que ademais de resultar menos pesado, non cobraba, nin pedía aumentos, nin se facía vello (desvantaxes os directores tiñan menos alegrías nos castings, xa se me entende…).

Como animal decidiuse poñer a un animal que fose rockeiro (por iso de atraer a xuventude) e enxebre e finalmente elixiuse ó xabarín (o can de palleiro foi incriblemente descartado pese a cumplir tamén os dous requisitos). O debuxante do xabarín foi o, xa daquela archifamoso, Miguel Anxo Prado (que desgraciadamente é máis coñecido no extranxeiro que aquí) e a voz a de Juanillo Estebán, que non sei quen é, pero saía na Whikipedia. O único fallo lóxico no pensamento dos creadores foi poñer o escenario do programa nun informativo porque pregúntome: ¿Que carallo fai un xabarín presentando un  informativo? e ¿Porque como presentador de informativo considera máis importante poñer o Manda truco, Dragon Ball Z ou un videoclip dos Blood filloas á falar sobre a crise?; pero a estas cousas non buscarlle a lóxica.

As sección máis importantes do programa eran:

a) As series: Das que ata fai pouco o 80% eran anime xaponés en galego e o resto (sobre todo o comezo) era algunha de Hanna Barbera (os picapedra, normalmente)

b) Os videos musicais:  Onde grupos non demaisado coñecidos (exceptuando a siniestro) cantaban cancións maioritariamente de estilo rock e punk, de temas variados (dende unha oda o futbolin a encontrarse cun extraterrestre pasando por un extraño conto infantil contra pepiño grilo).

c) O manda truco: sección onde unhas mans (que a saber de quen serían) ensinaban trucos de maxia

d) As felicitación dos socios que estaban no cumpleanos: Onde poñían a foto dos agraciados e o seu nome e que sempre que estabas de cumpleanos buscabas pero nunca conseguías encontrar porque no xusto momento en que a pasaban alguen cambiou, acababn de vir da publicidad e ti inda non cambiaras a galega ou estabas no baño.

e) Outras das que me olvidei ó escribir isto ou que non lembro en que consistían (o doutor TNT)

Ola mundo!

Outubro 23, 2008

Hola a todos os posibles lecores (ou sexa os catro gatos que poden acabar lendo este blog).

O primeiro é avisar de que actualizarei cando teña tempo e me de a gana, como moito un par de veces por semana. Segundo quero aclarar que, a pesar do que se poida pensar ó ler o título, este non é un blog de cociña, nin gastrónomico, nin sobre a fabricación e exportación de grellas para barbacoas. O que escriba neste blog tratará na súa maioría sobre a TVG(ou televisión de Galicia), que para quen non sexa de aquí é a televisión autonómica máis criticada e pouco vista entre persoas menores de 65 anos. E aínda que critaselle con razón en moitos casos (Supermartes ou os Tonechos, que algún día pondrei a parir comentarei) pásase por alto que tamen conten algunhas pequenas xoias.

E para non empezar con mal rollo, falarei dunha delas nos seguintes posts, uns dos mellores programas infantís que apareceron na televisión dentro da península (pese a algunhas canciones horrendas e ó seu excesivo afán por captar socios), refírome ó Xabarín Club.

E coma un anticipo o opening

Hola a todos os posibles lecores (ou sexa os catro gatos que poden acabar lendo este blog).

O primeiro é avisar de que actualizarei cando teña tempo e me de a gana, como moito un par de veces por semana. Segundo quero aclarar que, a pesar do que se poida pensar ó ler o título, este non é un blog de cociña, nin gastrónomico, nin sobre a fabricación e exportación de grellas para barbacoas. O que escriba neste blog tratará na súa maioría sobre a TVG(ou televisión de Galicia), que para quen non sexa de aquí é a televisión autonómica máis criticada e pouco vista entre persoas menores de 65 anos. E aínda que critaselle con razón en moitos casos (Supermartes ou os Tonechos, que algún día pondrei a parir comentarei) pásase por alto que tamen conten algunhas pequenas xoias.

E para non empezar con mal rollo, falarei dunha delas nos seguintes posts, uns dos mellores programas infantís que apareceron na televisión dentro da península (pese a algunhas canciones horrendas e ó seu excesivo afán por captar socios), refírome ó Xabarín Club.

E coma un anticipo o opening